Os centros educativos galegos suman un novo máximo na pandemia con 3.725 positivos e 184 aulas pechadas

Galicia mantén pechadas oito escolas e a área da Coruña supera o milleiro de casos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/01/2021 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

Os centros educativos galegos superaron un día máis o máximo de contaxios rexistrado en todo o curso. Os positivos por COVID-19 nestas instalacións alcanzan xa os 3.725, case un cento máis que o venres e preto de mil máis que hai unha semana. Esta situación obriga a manter pechadas polo menos 184 aulas por decreto da autoridade sanitaria, unhas 24 máis, ademais dun total de sete escolas infantís e un centro de educación especial.

Alumnos nun centro educativo
Alumnos nun centro educativo | Fonte: Europa Press.

Este último é a CEE Miño do municipio de Ourense, que conta co menos oito casos nas súas instalacións e segue rexistrando novos positivos desde hai días.

O resto son a escola infantil Praia Xardín de Boiro, o PAI de Friol, o de Taboada, a EI de Viveiro, o PAI de Riós, a Unitaria de Forcarei e a infantil Cáritas-Tui.

Un dos datos máis destacados do balance facilitado pola Xunta este sábado é que os centros da área da Coruña superan xa o milleiro de casos activos e suman un total de 1.005, ademais de 44 aulas pechadas. Máis dunha trintena de escolas superan a decena de positivos nas súas instalacións.

Os centros da área de Vigo, pola súa banda, sitúanse en 684 contaxios, unha decena máis, ademais dunhas 57 unidades e unha escola clausuradas. 

Na área de Santiago mantéñense en 547 positivos e 14 aulas e unha escola clausurada.

A área de Pontevedra conta con 460 contaxios (uns 22 máis), 17 aulas e unha escola pechada.

Os centros da área de Ourense chegan aos 396 positivos (15 máis), ademais de 21 aulas e dúas escolas pechadas.

Pola súa banda, os centros da área de Lugo suman 364 casos, 20 máis, e 12 unidades e tres escolas pechadas.

Finalmente, na área de Ferrol soben tamén ata os 269 casos e 19 unidades clausuradas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta