As estacións de servizo propoñen a instalación de cargadores eléctricos en gasolineiras

Piden que se reserven 2,5 millóns para instalar placas fotovoltaicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Os empresarios galegos agrupados na Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes) propoñen ao Goberno, en relación co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, reservar 2,5 millóns de euros para instalar placas fotovoltaicas e cargadores en estacións de servizo.

Segundo informan, expuxeron, a través da Xunta de Galicia, o seu interese de trasladar ao Goberno a proposta de reserva desta contía, "executables en cinco anos para implantar un mínimo de 50 cargadores rápidos ou semirápidos para o servizo dos coches eléctricos en Galicia".

Os empresarios de Fegaes, que representan ao redor de 250 gasolineiras en Galicia, considera que este investimento "terá un impacto positivo nas pequenas e medianas empresas do sector, castigadas pola caída substancial do volume de vendas desde o inicio da pandemia".

Gasolineira de Santiago, empregados con máscara polo confinamento debido á crise por coronavirus Covid-19 en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Gasolineira de Santiago, empregados con máscara polo confinamento debido á crise por coronavirus Covid-19 en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta