Os sanitarios galegos, máis preto da inmunidade: comeza a administración da segunda dose

Un total de 28.935 persoas que xa completaron a vacinación no país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade iniciou este mércores a administración da segunda dose ao persoal sanitario que traballa na primeira liña contra a covid-19 en Galicia, comunidade que conta xa cun total de 28.935 persoas que xa completaron a vacinación.

Diso informou o titular de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha rolda de prensa ofrecida este mércores e na que deu conta dos asuntos abordados polo comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia na súa reunión do martes.

Na rolda de prensa, Comesaña aproveitou para lembrar que este mesmo mércores a Xunta volverá reclamar ao Executivo estatal no Consello Interterritorial de Saúde que teña en conta a taxa de poboación maior de 80 anos de cara á repartición de vacinas neste colectivo.

"Volveremos insistir en que este grupo cinco ten que vir aparellado deste criterio de repartición, que nos parece absolutamente lóxico", manifestou o conselleiro, que tamén sinalou que, no encontro, Galicia volverá solicitar que o Goberno poña as ferramentas necesarias en mans das comunidades para xestionar a pandemia, como a posibilidade de axustar o toque de queda.

VACINACIÓN NAS ÁREAS SANITARIAS

Precisamente, nunha nota de prensa remitida aos medios, a área sanitaria de Vigo detallou que ata o vindeiro venres se van vacinar a aqueles traballadores que xa tiñan administrada a primeira dose, que son case 4.000 na zona. Para este mércores foron citados 1.180 traballadores de todas as categorías profesionais, sanitarios e non sanitarios, dos que 670 traballan no ámbito hospitalario e 510 en Atención Primaria.

Ademais da os profesionais dos centros de saúde da área, no ámbito hospitalario está a vacinarse aos traballadores das unidades de críticos --UCI e Reanimación--, Urxencias, Hospitalización a domicilio, Hospital de Día, Oncoloxía, Hematoloxía, así como persoal de distintos gabinetes de técnicas e unidades de reanimación. Para iso, a dirección da área conformou 13 equipos de enfemaría, compostos por dous profesionais cada un, destintos á vacinación. Seis destes achegáronse aos servizos de Atención Primaria e outro sete están emprazados no hospital Álvaro Cunqueiro.

UNHAS 160 VACINAS EN FERROL

Nesta liña, noutro comunicado, a área sanitaria de Ferrol informou de que, desde este mércores e ata o vindeiro luns, procederá á administración da segunda dose aos profesionais sanitarios que están na primeira liña. Así mesmo, apuntou que administrou xa un total de 6.311 vacinas fronte á covid desde o pasado 29 de decembro. Delas, unhas 2.160 persoas xa recibiron a segunda dose que completa a vacinación. Na área ferrolá hai destinados na actualidade catro equipos de vacinación, formados por tres profesionais de enfermaría formados especificamente.

O Sergas inicia a administración da segunda dose da vacina a profesionais sanitarios. SERGAS
O Sergas inicia a administración da segunda dose da vacina a profesionais sanitarios. SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta