Ondas de cinco metros e moita choiva nas Rías Baixas e na Costa da Morte este luns

Activada a alerta amarela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2021 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Meteogalicia activará ao longo do luns un aviso amarelo por ondas de catro a cinco metros de altura no mar das Rías Baixas e na Costa da Morte.

En concreto, esta situación manterase desde as 12,00 horas do mediodía do luns e prolongarase, polo menos, durante toda a xornada do martes.

Ademais, no boletín de avisos de Meteogalicia figura outro aviso amarelo por choivas, que deixarán 40 litros por metro cadrado en 12 horas ata as 6,00 da mañá en zonas do interior de Pontevedra.

Forte ondada no litoral (Foto de arquivo).. ELISA PIÑÓN- EUROPA PRESS - Arquivo
Forte ondada no litoral (Foto de arquivo).. ELISA PIÑÓN- EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta