O maquinista falaba por teléfono con Renfe no momento do accidente

Segundo as primeiras informacións reveladas polas caixas negras, o Alvia circulaba a 192 km/h intres antes do accidente mentres o condutor atendía polo teléfono corporativo a alguén do persoal de Renfe e consultaba un plano ou outro documento en papel para chegar a Ferrol, e descarrilou a 153 km/h, cando tentou frealo. Renfe advirte na súa 'Guía de boas prácticas' dos perigos de falar por teléfono en puntos críticos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/07/2013 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

Francisco José Garzón, maquinista do tren accidentado en Angrois, estaba falando por un teléfono corporativo cun controlador de Renfe mentres consultaba un plano ou algún outro documento en papel no momento do accidente. Inmediatamente despois, o maquinista freou e o tren descarrilou a unha velocidade de 153 km/h. na curva de A Grandeira, a 73 máis do permitido nese sitio, segundo os primeiros datos vaciados das caixas negras e revelados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE
Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE | Fonte: foon youtube

A hipótese de que o maquinista estaba consultando un plano ou algún outro documento en papel despréndese da conversa co operario de Renfe e dos sons captados polas caixas negras.

Segundo as primeiras informacións, o maquinista recibiu unha chamada dalgún operario de Renfe, supostamente un controlador, para indicarlle o camiño a Ferrol mentres manipulaba supostamente un plano [hai que salientar que Francisco José Garzón tiña xa ampla experiencia nesta liña, pola que levaba circulando un ano como maquinista do Alvia].

Hai que lembrar que o móbil de empresa que levaba o maquinista non apareceu nas investigacións da policía no escenario do accidente, polo que o vaciado de datos das caixas negras vén a aportar luz sobre unha das hipóteses que barallaban os investigadores.

Segundo indicaron a este xornal algunhas fontes, o teléfono de empresa utilízase só cando fallan as canles de comunicación habituais entre o maquinista e os controladores.

Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube
Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube Intre do accidente do tren Alvia en Angrois en Santiago nunha imaxe dunha cámara fixa de RENFE /foon youtube

Guía de Renfe para chamadas

Europa Press adiantou que Renfe recomenda aos seus maquinistas, na súa 'Guía de Boas Prácticas', suprimir as conversas durante a condución nos puntos críticos onde se requira máis atención, así como valorar o risco antes naquelas situacións nas que voluntariamente desvíe a atención, xa sexan tratamento de averías ou consulta de documentación.

Segundo esta guía, un caso especial no control da atención constitúe o uso da telefonía móbil e dispositivos semellantes, cuxo risco reside en que é unha "actividade allea á condución que require certas demandas que compiten con esta última". 

A guía tamén considera que falar por teléfono afecta aos procesos psicolóxicos de nivel inferior máis importantes que participan na condución: "a atención e a percepción de estímulos visuais, provocando erros na recollida e percepción da información". E engádese que as consecuencias que comportan falar por teléfono diríxense "a un peor coñecemento da situación (empeoramento da conciencia situacional) e a unha sobrecarga mental que empeora a capacidade de resposta".  

Esta guía de boas prácticas para o persoal de condución inclúe as recomendacións dun colectivo de maquinistas recoñecidos na empresa pola súa experiencia, profesionalidade e hábitos. Renfe vén aplicando estas boas prácticas á formación en condución, xa que serán de referencia obrigada para a Escola Técnica Profesional de Renfe e se incorporan aos simuladores de condución.

Copias de seguridade das caixas

O titular do Xulgado de Instrución número 3 de Compostela, Luís Aláez, ordenou a realización de copias de seguridade do contido das caixas, para o cal se contactou "por prevención" co fabricante, que remitiu as instrucións por escrito e en varios idiomas, informan fontes próximas á investigación.

Das caixas negras extraéronse tanto datos técnicos como de voz, e fíxose unha transcrición das conversas en tempo real, sinalan as mesmas fontes. Agora resta coñecer o informe da Policía Xudicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Irmandinho

Lois,un tren non é nin bus, nin avión. A ninguén lle entra na cabeza que ese tren,nese tramo,non poidera contar cun sistema automático de freado. Lin unha entrevista a un responsable ferroviario finlandés:o home pensaba que llo explicaran mal pois non todo podía depender do freado do maquinista.....O presidente de RENFE tina que ter dimitido hai tempo.

5 Coiro

Que raro que, ás poucas horas do accidente, os xornais xa estaban publicando o de “ vou a 190....” quen llelo contou? NOn deberían calar, a primeira a empresa, ata coñecer as causas?. Moito máis cando agora sabemos que o condutor estaba falando con Renfe no momento do accidente. ??? Seica toparon unha cabeza de turco ao toque. Que a xente non fale das deficencias dos sistemas de seguridade, a culpa é toda do tolo do maquinista. Cheira moito, fede todo isto. Cómo primeiro quixeron confundir cun posible atentado e logo, desbotado este nunha simple ollada ao lugar, cargaron contra o maquinista. Non sei se doe máis que nos tomen por idiotas ou que teñamos entre nós algún paifoco disposto a aceptar que esta nova proba do esquecemento a que nos somete esta España, tan mediterranea ela, é un accidente asignable ao tráxico destino, á negra sombra.

1 Coiro

Haiche moito herdeiro da burguesía imposta polos reis católicos, moito coitado que entende Galicia coma a leira dunha España que sempre mira para outro lado, menos cando toca roubarnos o que é de nós. Marca España, dician falando dos veciños de Angrois, o que ho? será marca Galicia, cans, non só mandades material de terceira para nós e deixades o bo para vós senón que tamén vos queredes levar o mellor que temos, a grandeza e a dignidade do pobo galego, tan por riba de políticos e institucións, tan por riba de España. Que vos dean aos españois ingratos, aos galegos vendidos.

2 lois

"Herdeiro da burguesía imposta polos reis católicos". Pero se deso fai 600 anos. A ultraideolixación de todo, o tentar leer todo en clave política , o adoctrinamento ensimismado, leva directamente á panfletada e a non poder razoar.Todo son axiomas preestablecidos. O ALVIA sinestrado non era un material de terceira mán, senón exactamente igual ao que está a circular noutras partes da rede.

4 lois

O tren tomou a curva a 153/km/H. Se a chega a tomar a 120, posiblemente houbera pasado sen desacarrilar. Se o maquinista frena 30 segundos antes, houbérase evitado posiblemente a traxedia. 30 segundos = 79 vidas. Xa sei que ten que haber medidas para estes casos, pero a pericia manual do maquinsita ou conductor sempre vai ser determinante. Os buses non levan un sistema automático de conducción, e xa xente non se pon histérica por eso ( coma o comentarista " coiro" ) . Fai puco un bus foise ao tacho en italia, 38 mortos. Os avións dependen do piloto para aterrizar ou despegar. Qixera dicir que, a pesares desta masacre, compre seguir confiando no tren.Segue sendo o medio mais seguro. Este vrao van morrer centos de persoas en accidentes de coches ( con todos os sistemas de seguridade que queiran) e ninguén vai dicir nada.

3 Seixo

Putada para o ABC, La Razón, etc. O maquinista non ía vendo pelis porno, nin falando coa noiva. Pero ánimo, aínda se lle pode dar unha volta á cousa.

1 eueu

Acabarán acusando aos sindicatos, coma sempre, para exculpar á PPatronal.

2 cule1979

jaja, que cracks sodes¿¿¿ como vai estar un maquinista mirando un plano para chegar a ferrol en tren se non é o maquinista o que colle tal o cual vía¿¿¿ que teñen volante na cabina para xirar a esquerda ou para a dereita¿¿¿