Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/02/2021 | Actualizada ás 17:16
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que os problemas existentes na Unidade de Policía Adscrita a Galicia derívanse de que está "a perder efectivos" e considerou necesario que o Goberno cubra as prazas vacantes e complete canto antes o cadro de persoal, que actualmente se atopa ao 80% con 388 axentes dos 500 previstos.
Así se pronunciou en resposta a unha pregunta formulada pola deputada socialista Paloma Castro, quen acusou á Xunta de "desprezar" a representantes sindicais deste corpo e só reunirse co integrante dun sindicato que "vai na lista do PP" ao Concello de Pontevedra.
Rueda apostou por centrar a súa resposta "no que realmente importa" e asegurou que o problema da unidade é que "esta perdendo efectivos", unha cuestión que a Xunta xa reclamou tanto ao Goberno de Rajoy como ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.
"Escribinlle a Marlaska dicindo que tiñamos un problema serio e obtiven resposta dicindo que se ía a encargar pero, dous anos despois, seguen baixando os efectivos", censurou Rueda, que lamentou que a Xunta non ten "ningunha noticia sobre se se van a reforzar os efectivos de cara ao Xacobeo".
Ademais, entre outras cuestións, reiterou a solicitude ao Goberno central para que apoie e autorice a posta en marcha dunha comisaría de atención ao peregrino no Monte do Gozo que se converta no punto de atención policial de referencia no Xacobeo para os peregrinos que cheguen a Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.