A Xunta acusa ao Goberno de ser o "avogado defensor de Audasa" ademais da "lista de incumprimentos" con Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, pediu á ministra do ramo, Isabel Celaá, que os criterios de repartición dos fondos europeos anunciados este mércores sexan "transparentes e xustos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, acusou ao Goberno central de actuar como "avogado defensor" de Audasa, a concesionaria da autoestrada AP-9 e urxiu a reunión da comisión de seguimento para abordar a bonificación das peaxes.

En resposta a unha pregunta formulada polo deputado do PPdeG Diego Calvo, a titular de Infraestruturas sinalou que a transferencia desta vía a Galicia é "un acto de xustiza", unha demanda feita por Galicia desde 2009.

Tras censurar a "lista de incumprimentos" por parte do Goberno central coas reclamacións sobre esta vía, criticou que o Executivo estatal actúe de "avogado defensor de Audasa", ao dirixirse á Xunta pedindo lle de "15 millóns a Audasa", unha "petición sen pudor" que, segundo indicou, tamén fixo a concesionaria.

A conselliera lembrou que hai un acordo do ano 2018 que "eximía á Xunta de pagar esas bonificacións". "Non nos deixa de sorprender que o Partido Socialista aquí tamén pida que sexa a Xunta a que subvencione as peaxes da AP-9", afirmou.

Ethel Vázquez destacou o consenso alcanzado no trámite parlamentario pero considerou que aínda "queda moito traballo por diante". Ademais, denunciou o "rosario de incumprimentos" do Executivo e reivindicou a transferencia para facer unha "xestión máis eficaz para velar pola calidade do servizo e dar unha resposta máis adecuada".

A conselleira ha confiando en que, coas negociacións abertas en Madrid, Galicia asuma as competencias "como debe de ser", "nas condicións máis xustas para Galicia", acompañada "coa dotación económica e técnica necesaria para darlle a mellor funcionalidade". "Espero que esteamos todos de acordo e que non rompan o pacto", sinalou dirixíndose aos grupos da oposición.

Neste sentido, pediu tamén que o traspaso se acompañe dos recursos necesarios para realizar todas as melloras previstas, tanto de seguridade como de ampliación da capacidade. Ademais, sinalou que se deberá ter en conta as obras pendentes para enlazar esta infraestrutura con outros viarios importantes e mellorar a súa funcionalidade.

Autopista AP9 Chapela cara a Vigo
Autopista AP9 Chapela cara a Vigo

ROMÁN RODRÍGUEZ PIDEN TRANSPARENCIA NOS FONDOS EUROPEOS

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, pediu á ministra do ramo, Isabel Celaá, que os criterios de repartición dos fondos europeos anunciados este mércores sexan "transparentes e xustos", do mesmo xeito que apostou por permitir que as comunidades conten con "flexibilidade" á hora de dedicar as contías ás súas particularidades.

A ministra de Educación e FP, Isabel Celaá, presentou no seo da conferencia sectorial educativa, na que se reuniu cos responsables autonómicos da área, as prioridades do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, que contará cun financiamento de máis de 4.500 millóns de euros procedentes dos fondos europeos.

A comunidade galega asegurou compartir as liñas estratéxicas marcadas tanto no relativo á dixitalización como a potenciación da FP e a equidade do sistema educativo, a pesar de ser "prefixadas desde o Goberno do Estado sen contar coas comunidades autónomas".

Por iso, Educación pide agora que llos gobernos autonómicos poidan participar na planificación e definición da repartición destes fondos, dun modo "consensuado e rigoroso" a "medio e longo prazo".

Rodríguez reclamou ao Estado "unha verdadeira cogobernanza" que se formalice "máis aló da retórica", posto que as comunidades autónomas son as "xestoras" do sistema educativo, e lamentou que non se contase con elas para "enriquecer as propostas" do plan para contar cunha aplicación "acorde á realidade" de cada territorio.

"Pedimos colaboración e flexibilidade real para a execución destes fondos en base ás características propias de cada autonomía", trasladou o conselleiro de Educación, quen advertiu de deseñar unha planificar "que non xere un gasto público insustentable a medio prazo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta