A terceira onda parece xa que comeza a remitir: baixa a presión hospitalaria e os novos contaxios

A taxa de positividad volve descender a un 4,6% en Galicia, menos do 5% que recomenda a OMS.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

A presión hospitalaria prosegue coa tendencia descendente en Galicia, con 70 pacientes con Covid-19 menos hospitalizados, polo que se sitúan en 1.145, deles 234 en UCI. Pola súa banda os contaxios diarios descenden a 677 e os casos activos baixan a 16.643.

Así se desprende dos datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, nos que se reflicte que os pacientes ingresados en UCI pasaron de 240 a 234 --seis menos-- e os que se atopan noutras unidades reducíronse a 911, o que supón 64 menos. Deste xeito, na actualidade hai 1.145 persoas hospitalizadas con coronavirus na Comunidade galega.

Por áreas sanitarias, a da Coruña e Cee rexistrou o maior descenso, con catro pacientes con Covid en UCI (76) e 20 menos noutras unidades (234); mentres que na de Vigo caen nun ata os 27 e en 18 ata os 117, respectivamente.

Pola súa banda, no distrito sanitario de Santiago e Barbanza os pacientes con Covid en UCI mantéñense sen cambios en 46 e descenden a 102 os que están noutras unidades --17 menos--; mentres que na de Ferrol, aínda que soben nun, ata os 21, as persoas en críticos, baixan en 11 os doutras unidades e sitúanse en 133.

Na área de Ourense seguen en 18 as persoas con este virus en UCI, pero baixan a 140 os doutras unidades --oito menos--; na de Lugo caen en dúas os pacientes en UCI (26), pero aumentan a 71 os doutras unidades --cinco máis--; e na de Pontevedra e O Salnés mantéñense en 20 os ingresados en UCI e soben a 114 --cinco máis-- os doutras unidades.

MENOS CASOS E CONTAXIOS

Galicia contabiliza 16.643 casos activos de Covid-19, o que supón 989 menos que os rexistrados este mércores. Deles, 4.673 corresponden á área da Coruña e Cee; 2.758 á de Vigo; 2.359 á de Santiago e Barbanza; 2.141 á de Pontevedra e O Salnés; 1.699 á de Ourense; 1.514 á de Lugo; e 1.499 á de Ferrol.

Tamén descenden os contaxios diarios detectados por diferentes probas a 677, tras superar os 700 a xornada anterior. Deste xeito, os contaxiados na Comunidade galega sitúanse en 106.668, deles 25.004 na área da Coruña e Cee; 20.140 na de Vigo; 17.273 na de Santiago e Barbanza; 14.164 na de Ourense; 11.545 na de Pontevedra e O Salnés; 11.089 na de Lugo; e 7.453 na de Ferrol.

Deses 677 novos contaxios, 617 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deles, 245 na área da Coruña e Cee; 82 na de Vigo; 71 na de Lugo; 63 na de Pontevedra e O Salnés; 56 na de Ourense; 55 na de Santiago e Barbanza; e 45 na de Ferrol.

POSITIVIDADE E VÍTIMAS

Con respecto á taxa de positividade --porcentaxe de infeccións por test PCR realizados-- volveu a descender e sitúase nun 4,6%, tras o lixeiro repunte do día anterior despois de baixar a un 4% o luns por primeira vez desde o 24 de decembro e situarse nun 3,6% este martes. Así, colócase por baixo do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Un cribado en Galicia.. Rosa Veiga - Europa Press
Un cribado en Galicia.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta