O PSOE de Ourense pide ao Goberno "alternativas inmediatas" ao actual proxecto da estación intermodal

Por E.P. | OURENSE | 11/02/2021 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

O PSOE de Ourense reclamou ao Goberno central "alternativas inmediatas" ao actual proxecto da estación intermodal da cidade para conseguir un deseño "digno e de calidade" e urxe modificar a redacción do convenio ou redactar un novo que recolla os compromisos e as actuacións vitais e irrenunciables.

Nun comunicado, os socialistas consideran que é urxente modificar este deseño porque a súa materialización será "obviamente prexudicial" para o presente e o futuro da urbe e, por iso, rexistraron unha emenda que se debaterá e votará no próximo pleno municipal. "Estamos ante o proxecto máis relevante para a cidade neste século", advirten.

A iniciativa reclama que o Goberno de España busque de forma "urxente alternativas" ao proxecto dunha intermodal que "será a porta de entrada da alta velocidade a Galicia e que debe ser "digna, de calidade e estar adaptada ás necesidades de integración urbana da cidade".

Estación de buses na intermodal de Ourense
Estación de buses na intermodal de Ourense | Fonte: XUNTA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta