Almunia xa é “persoa non grata” en Vigo

PSOE, BNG e PP acordan tamén por unanimidade pedir a dimisión do comisario europeo trala decisión da Comisión Europea que obriga a devolver ao sector naval as axudas recibidas entre os anos 2007 e 2011 do 'tax lease'.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/08/2013 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O comisario europeo Joaquín Almunia xa é oficialmente "persoa non grata" en Vigo. Así o acordou hoxe, por unanimidade, o pleno da corporación municipal viguesa, que tamén insta a Almunia a que presente a súa dimisión "urxente e inmediata" no Goberno da Unión Europea pola súa xestión das devolucións do 'tax lease' que "puxo en perigo o futuro do sector naval", critica o Concello de Vigo.

Joaquin Almunia
Joaquin Almunia

O alcalde Abel Caballero —socialista como Almunia— impulsou esta iniciativa trala decisión da Comisión Europea que obriga a devolver as axudas recibidas entre os anos 2007 e 2011 do 'tax lease', o mecanismo de bonificación fiscal empregado no naval. a proposta foi apoiada polos tres grupos da corporación viguesa: PSOE, BNG e PP.

A proposta de Caballero era nomear a Almunia "persoa non grata" en Vigo, porén, o PP incluíu unha moción na que pedía a dimisión do comisario europeo; moción que foi aprobada por todas as partes.

O acordo plenario tamén inclúe unha serie de peticións para que se manteña a "unidade de acción" no sector naval, "estratéxico" para a cidade, indícase. Entre outras accións, ínstase ao Goberno central a "defender os intereses do sector naval español" ante o Tribunal de Xustiza da UE e que "concrete de forma inmediata o esforzo fiscal máximo" que está disposto a sumir co novo 'tax lease' para "poñer en valor" o novo sistema e promover a contratación de novos barcos. 

A corporación municipal tamén solicita que se apliquen instrumentos financeiros para facilitar os investimentos no sector naval, que se abran liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO) e se concedan avais para reactivar o sector e que se habilite un mecanismo transitorio que permita repoñer o dereito á prestación por desemprego de parados do sector.

Tamén lle solicita á Xunta que habilite unha liña especial de avais para o naval e que poña en marcha un programa de desenvolvemento da industria naval, estaleiros e auxiliares a longo prazo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 morasleira

Postos a xogar unha final, de impresentables e non gratos, na que participen Almunia e Abel Caballero creo que se decidiría na tanda de penaltis despois de tirar moitos, moitos penaltis e calqueira que foxe o derrotado sería unha inxusticia.

3 Akribéstaton

"Persona non grata" é uma expressão latina, invariável em todas as línguas. https://pt.wikipedia.org/wiki/Perso...

2 viernesperez

Os demais comisarios...que lle dan A MEDALLA AO MERITO????vaia políticos

1 Nemigo

Almunia é un impresentable en todas partes