Galicia, unha potencia para a dieta atlántica

A USC e a Xunta colaboran para introducir os produtos galegos na dieta atlántica.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2021 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O reitor da USC Antonio López e o conselleiro do Medio Rural, José González, decidiron afondar na súa colaboración en materia investigadora para potenciar todo o relacionado coa Dieta Atlántica e as súas sinerxías cos produtos agroalimentarios galegos

Xuntanza entre o reitor da USC e o conselleiro de Medio Rural
Xuntanza entre o reitor da USC e o conselleiro de Medio Rural | Fonte: USC

Na xuntanza de traballo na que tomaron esa decisión, púxose de manifesto o interese de ambas as dúas partes por impulsar liñas de cooperación no eido da I+D+i vinculadas á Dieta Atlántica, que se fundamenta no consumo de alimentos frescos e de proximidade e no aporte nutritivo que dos alimentos vexetais, dos peixes e mariscos, dos lácteos e das carnes.

Segundo os persoeiros, estas características "coinciden plenamente con diferentes vías de traballo nas que actúa o Goberno galego, a través do impulso á excelencia alimentaria, ás canles curtas de comercialización e aos produtos de calidade diferenciada", é dicir, aqueles amparados con indicación xeográfica protexida, denominación de orixe, procedentes de razas autóctonas ou distinguidos con marcas como o leite de Galega 100%, entre outros.

No encontro tamén participaron o xerente da USC, Xavier Ferreira, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta