A Xunta di que hostaleiros e autónomos poderán solicitar de inmediato as axudas do segundo plan de rescate

Por E.P. | A CORUÑA | 18/02/2021 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

O (DOG) publica este xoves o segundo plan de rescate para hostalaría, autónomos e micropymes impulsado pola Administración autonómica para combater os efectos da covid-19, polo que as axudas poderanse pedir de forma inmediata.

"Serán 75 millóns que se unen aos 85 repartidos no primeiro plan, e queremos que chegue canto antes a quen agora teñen os seus negocios pechados. Necesitan a axuda das administracións e terán a da Xunta", dixo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda ao anunciar estas axudas.

A convocatoria incorpora a novidade de que tamén poderán acceder ás axudas os titulares daqueles negocios que teñan débedas tributarias coas administracións públicas.

Terrazas da hostalaría / Concello de Ames. / Europa Press
Terrazas da hostalaría / Concello de Ames. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta