Unanimidade parlamentaria para que a Xunta recupere a pesca artesanal e o marsiqueo

O obxectivo é axudar a "non desmantelar a cultura mariñeira", á vez que se apoia o "mantemento das comunidades costeiras coa súa forma de vida dependente da pesca e do marisqueo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

Todo o Parlamento galego instou á Xunta a desenvolver un plan específico para a recuperación da pesca artesanal e o marisqueo. Esta iniciativa do PSdeG, transaccionada co PPdeG, demanda que o plan se dirixa a todos os armadores artesanais, os tripulantes, as mariscadoras a pé e os 'percebeiros' que mostren o seu interese en continuar coa actividade extractiva.

O obxectivo é axudar a "non desmantelar a cultura mariñeira", á vez que se apoia o "mantemento das comunidades costeiras coa súa forma de vida dependente da pesca e do marisqueo". A proposta tamén apela a continuar co desenvolvemento do Plan Avantemar, de respaldo ao sector marítimo-pesqueiro durante a pandemia.

Respecto diso, a deputada socialista Patricia Otero urxiu á Xunta á aprobación do plan da pesca artesanal e marisqueiro: "Foi anunciado en 2019 e nada se sabe del". Así, Otero alerta do "desmantelamento" da cultura mariñeira, que "está a sufrir fortemente as consecuencias económicas da pandemia".

INICIATIVAS REXEITADAS

En cambio, nesta comisión de Pesca, o PPdeG rexeitaron cos seus votos dúas iniciativas da oposición. Unha delas, do BNG, pedía á Xunta reforzar o servizo de Gardacostas, á vez que demandaba ao Estado unha modificación lexislativa no labor da Garda Civil ante a "presión" que sofre a frota galega por parte deste corpo, con "numerosas queixas" sobre o trato que reciben as embarcacións de Galicia.

Ademais, o PSdeG reclamaba ao Goberno galego que compensen economicamente aos mariscadores da ría do Burgo afectados as obras de rexeneración, cuestión que foi rexeitada polos populares. Pablo Arangüena pediu unha partida de 2,5 millóns de euros para paliar "a perda de ingresos duns 80 mariscadores".

Patricia Otero (PSdeG) na comisión de Pesca. PSDEG
Patricia Otero (PSdeG) na comisión de Pesca. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta