Seguen baixando as vítimas pola covid: a Xunta comunica sete

A cifra de falecidos na pandemia sobe ata aos 2.154.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 21:49

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade comunicou este xoves outras sete vítimas mortais con coronavirus, co que a cifra total de falecidos pola pandemia en Galicia sitúase nas 2.154.

En concreto, segundo a última información proporcionada pola Xunta, inclúese na listaxe un home de 77 anos que faleceu o pasado 16 de febreiro no Hospital de Lugo.

Así mesmo, deste mércores infórmase da morte dunha muller de 97 anos no Hospital de Ferrol, un home de 86 anos no HULA e tres pacientes que estaban ingresados no Clínico de Santiago, unha muller de 70 anos, un home de 87 e unha muller de 75. Finalmente, correspondente a este xoves infórmase o falecemento dun home de 74 anos no CHUS.

Un traballador sanitario totalmente protexido axuda a subir á ambulancia a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao / Europa Press. / Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido axuda a subir á ambulancia a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta