Leopoldo, o primeiro maior de 80 anos que non vive nunha residencia vacinado en Galicia

Vacinouse no centro de saúde do Milladoiro. Dolores, de 81 anos, di que agora poderán "saír máis".

Por Galicia Confidencial | Ames | 19/02/2021 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

A Xunta vacinou xa ao primeiro maior de 80 anos en Galicia que non vive, nin ten que ver con residencias de anciáns. Chámase Leopoldo, ten 83 anos, e vacinouse este venres fronte á covid-19 no centro de saúde do Milladoiro.

Leopoldo, o primeiro maior de 80 anos que non é usuario dunha residencia en recibir a primeira dose da vacina contra a covid
Leopoldo, o primeiro maior de 80 anos que non é usuario dunha residencia en recibir a primeira dose da vacina contra a covid | Fonte: Xunta

E así o anunciaba o Sergas nas súas redes sociais:


O proceso de vacinación de maiores de 80 anos fronte á Covid-19 arrincou en Galicia este venres cunha proba piloto en oito centros de Atención Primaria da área de Santiago e Barbanza, como antesala do inicio deste proceso o luns 22 de febreiro en toda a Comunidade galega.

Para este proceso foron citados 569 maiores de 80 anos e que en tres semanas recibirán a segunda. Fontes desta área destacaron a normalidade no proceso, "sen ningún tipo de reacción" nas primeiras horas da mañá. Entre outros, acudiron a vacinarse ao centro de saúde de Milladoiro, localidade limítrofe con Santiago, o matrimonio formado por Dolores, de 81 anos, e Jesús, de 82, que animaron a porse a dose.

"Onte (xoves) pola mañá collín o recado e aquí estamos", detallou Jesús, mentres que a súa muller destacou que unha vez inmunizados poderán "saír máis". Outro home que acudiu a recibir a vacina nesta proba piloto en Milladoiro comentou á súa saída que o facía "con ganas" e animou ao resto do colectivo que "veñan, que non pasa nada".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta