Sorprenden a un veciño de Ferrol tomando un café no interior dun bar acompañado do propietario

Cando a Policía Local lles pediu que se identificaran, o dono do bar xustificou que se trataba dun amigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ferrol sorprendeu a un cliente dun bar que se atopaba no interior do establecemento de hostalaría tomando unha consumisión acompañado do propietario do negocio. Ambos foron propostos para sanción por incumprir as medidas sanitarias que manteñen pechados os negocios de hostalaría desde finais do mes de xaneiro.

Segundo relata o goberno local ferrolán nun comunicado, unha patrulla da policía municipal apareceu no lugar tras recibir información de que había xente consumindo no exterior do establecemento usando un bocoi como mesa. Alí, observaron que non había ninguén fóra, pero si no interior, onde unha persoa tomaba café na barra. O propietario do establecemento, segundo o relato da policía, xustificou que se trataba dun amigo que se atopaba na zona e que aproveitou para tomarse un café.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta