Por E.P. | A CORUÑA | 22/02/2021 | Actualizada ás 11:14
A Universidade da Coruña (UDC) participa na iniciativa de CRUE Universidades Españolas, UNIferia Graos 2021, o salón virtual gratuíto sobre a oferta académica de 55 universidades, que celebra a súa terceira edición desde este luns e ata ao 24 de febreiro. En marzo, do 2 ao 4, será a quenda da segunda edición de UNIferia Máster.
Esta iniciativa, posta en marcha polo Grupo de Traballo dos Servizos de Información e Orientación Universitaria de CRUE-Asuntos Estudantís, ten como obxectivo "mellorar as canles de comunicación entre o estudiantado e as universidades".
"E garantir a igualdade de oportunidades sen as limitacións que ata agora presentaban as feiras de Educación Superior tradicionais", indica. UNIferia Graos ofrece de forma personalizada ao estudantado, a través da plataforma virtual https://grao-uniferia.crue.org/, toda a información sobre as titulacións ofertadas por máis de medio centenar de institucións: sistemas de acceso, itinerarios formativos, plans de estudos, posibilidades de internacionalización ou programas de bolsas e axudas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.