Retranca nas redes por unha mensaxe da Casa Real conmemorando "o golpe de estado"

Un erro de expresión encendeu a retranca do deputado polo BNG Néstor Rego, entre outros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2021 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O acto do rei Felipe VI no Congreso dos Deputados en conmemoración do 23F segue a causar reaccións encontradas nas bancadas política e social. Logo de que, como estaba previsto, o BNG e demais grupos soberanistas da cámaras reiterasen a súa ausencia do acto, séguense a sumar respostas retranqueiras a un anuncio da Casa Real realizado días atrás con respecto ao acto.

O rei Felipe VI
O rei Felipe VI

A mensaxe da conta en Twitter da Casa Real, que foi posteriormente eliminada, sinala que Felipe VI de Bordón acudiría ao Congreso para conmemorar o aniversario "do golpe de estado", unha formulación que non tardou en espertar as mofas e o sarcasmo de boa parte da esfera tuiteira galega. Nas últimas horas, o deputado do BNG no Congreso sumouse á vaga de retranca coas palabras que seguen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta