As universidades galegas prepáranse para un cribado masivo antes de regresar á actividade presencial

Arrincará o este sábado e estenderase ata o vindeiro xoves en todos os campus de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2021 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias arrincan este sábado os traballos de cribado ao alumnado universitario en todos os campus galegos, un proceso que foi anunciado pola Xunta como parte do retorno á presencialidade nas tres institucións académicas. Un total de 58.151 alumnos galegos serán citados por SMS para participar nas probas que, como avanzara o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, consistirán en test de antíxenos.

O cribado estenderase desde este sábado ata o próximo 4 de marzo e arrincará nos campus Ferrol e Ourense, segundo os datos facilitados polo Sergas. Na área Sanitaria de Ferrol, os tests realizaranse no Hospital Novoa Santos entre o 27 de febreiro e o 3 de marzo, e estarán dirixidos a 2.551 alumnos. Así mesmo, preto de 4.700 estudantes serán citados en Ourense, entre o sábado e o domingo, no pavillón de deportes universitario.

No resto de zonas os traballos de cribado arrincarán a partir do 1 de marzo coincidindo coa reincorporación presencial nos campus universitarios. En Vigo, o cribado realizarase entre o luns e o mércores, no Pavillón do Campus Universitario, e estarán citados 10.400 estudantes. No caso de Santiago, citarase a preto de 18.800 estudantes entre o luns e o xoves no polideportivo da USC, mentres que na cidade herculina serán uns 15.000 e celebraranse no recinto de Expocoruña (entre o 1 de marzo e como mínimo durante un tres días). Outros 3.300 alumnos serán chamados na área Sanitaria de Lugo, o luns e o martes, na facultade de Veterinaria, mentres que uns 3.400 estudantes serán citados en instalacións da Facultade das Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra.

Alumnos da universidade. UNIVERSIDADE DE MÁLAGA
Alumnos da universidade. UNIVERSIDADE DE MÁLAGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta