O luns abren as listas de inscrición de emprego temporal para os servizos públicos da administración

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 1 de marzo ata o próximo 30 de abril. Este ano por primeira vez, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2021 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A Xunta abre o vindeiro luns o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 1 de marzo ata o próximo 30 de abril, segundo recolle a resolución da Dirección Xeral de Función Pública que publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Ademais, este ano, por primeira vez, establécese que as solicitudes de inclusión nas listas de contratación temporal da administración autonómica presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica https://sede.xunta.gal .

Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. Os contratados prestarán servizos en institutos politécnicos, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou como veterinarios.

O número de listas que estarán abertas para inscrición é de 30. Delas, 17 son para traballar como funcionario interino e outras 13 como contratado laboral. Facenda destaca que o feito de estar inscrito nas listas de emprego temporal da Xunta para realizar substitucións temporais é unha forma de alcanzar méritos para participar nun proceso selectivo e, por tanto, incrementa as posibilidades de lograr un puestode traballo fixo na Administración.

O DOG tamén publica este venres a actualización provisional de méritos dos integrantes das listas de emprego da administración galega. Os interesados teñen 10 días hábiles para presentar reclamacións e achegar a documentación justificativa, no caso de non estar de acordo coa puntuación asignada.

Probas de selección en Silleda para o corpo da policía local. XUNTA
Probas de selección en Silleda para o corpo da policía local. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta