Morre un home de 62 anos nun accidente de tráfico en Outeiro de Rei

No vehículo viaxaba outra persoa que non necesitou recibir asistencia sanitaria.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 27/02/2021 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Un home de 62 anos faleceu nun accidente de tráfico ocorrido sobre as 22,15 horas do venres na N-V, en sentido A Coruña, a uns cinco quilómetros da localidade lucense de Outeiro de Rei.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o único vehículo implicado no sinistro acabou fóra da vía tras envorcar, polo que acudiron ao lugar os bombeiros de Vilalba, que empregaron material de excarceración para liberar o home, que quedara atrapado no interior do vehículo.

Ao lugar acudiron os servizos de Urxencias Sanitarias aínda que non puideron facer nada por salvar a vida do home, que faleceu no punto, tal e como confirmaron fontes sanitarias.

Ademais, conforme sinalou o CIAE 112 Galicia, no vehículo viaxaba outra persoa que non necesitou recibir asistencia sanitaria.

Á zona do accidente tamén acudiu a Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

ACCIDENTE EN LUGO

Por outra banda, en Lugo, un motorista resultou ferido de consideración na mañá deste sábado despois de chocar contra un turismo na Estrada Vella de Santiago, á altura do número 82.

Conforme á información do 112, un particular informou o accidente sobre as 8,00 horas, tras o que se puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, dos Bombeiros de Lugo e de Protección Civil.

Segundo os datos recolleitos no 112 Galicia, o motorista foi finalmente trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta