Baixan os hospitalizados con covid pero soben os novos contaxios

Os casos activos sitúanse por baixo dos 5.000 e a taxa de positividade mantense á baixa nun 1,2%.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/03/2021 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

A presión hospitalaria volveuse a reducir tras a lixeira repunta da xornada anterior ao descender en 48 os pacientes con Covid-19 ingresados en unidades convencionais en Galicia, mentres que os que se atopan en UCI mantéñense en 105. Pola súa banda, os novos contaxios diarios subiron lixeiramente a 117, tras caer a 103 o día pasado.

Así se constata nos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, nos que se indica que hai 105 persoas con Covid en UCI na Comunidade galega --sen cambios-- e 383 noutras unidades, o que supón 48 menos que as 431 rexistradas ata o día anterior.

En concreto, os ingresados con coronavirus redúcense nas sete áreas sanitarias galegas, especialmente na de Ferrol, onde caen a sete as persoas en UCI --unha menos-- e a 47 as que se atopan noutras unidades --16 menos--; mentres que na de Santiago e Barbanza mantéñense en 18 as persoas en críticos e baixan a 38 as doutras unidades --12 menos--.

En canto á área de Lugo, os pacientes Covid en UCI mantéñense en 14, pero caen a 22 os doutras unidades --sete menos--; na de Pontevedra e O Salnés baixan a 11 o críticos --un menos-- e a 44 os doutras unidades --catro menos--.

Polo seu lado, na área sanitaria de Vigo os ingresados Covid en UCI descenden a 15 --un menos-- e os que se atopan noutras unidades caen a 60 --tres menos--; na da Coruña e Cee os críticos soben a 37 --tres máis--, pero os doutras unidades baixan a 137 --cinco menos--; mentres que a de Ourense segue con tres en UCI e conta con 35 noutras unidades --uno menos--.

MENOS CASOS ACTIVOS

A tendencia descendente persiste tras varias semanas no relativo aos casos activos, que se sitúan por baixo dos 5.000 ao caer ata os 4.953, o que supón 254 menos que a xornada anterior, situación que non se producía desde mediados de outubro do pasado ano.

Os casos activos descenden en todas as áreas sanitarias. Deste xeito, do total, 1.612 corresponden á área da Coruña e Cee; 842 á de Vigo; 722 á de Pontevedra e O Salnés; 554 á de Santiago e Barbanza; 487 á de Ferrol; 456 á de Lugo; e 280 á de Ourense.

En canto aos novos contaxios diarios detectados por diferentes tipos de probas, aumentaron lixeiramente a 117, tras caer a 103 a xornada anterior --que supuxeron a metade que os do domingo--, dos cales 70 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas --31 menos que o día pasado--. Deses 70 positivos confirmados por PCR, 27 corresponden á área sanitaria de Vigo; 15 á de Pontevedra e O Salnés; 12 á da Coruña e Cee; cinco á de Santiago e Barbanza; outro cinco á de Ourense; tres á de Ferrol; e outros tres á de Lugo.

PCR E POSITIVIDADE

A Comunidade galega realizou ata o momento, segundo os últimos datos actualizados, 1.676.059 PCR, o que supón 4.090 probas máis que as rexistradas ata a xornada anterior.

En canto á taxa de positividade --porcentaxe de infeccións por test PCR realizados-- mantense á baixa, nun 1,2%, tras descender a un 1,6% a xornada pasada, polo que segue por baixo dese 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa como máximo para dar por controlada a pandemia.

UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta. / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta