Baixa a reserva dos encoros galegos un punto ata situarse no 86%

A reserva hídrica española está ao 64,4 por cento da súa capacidade total. Os encoros almacenan actualmente 35.986 hectómetros cúbicos de auga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2021 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Os encoros galegos contan cun total de 3.243 hectómetros cúbicos, o que supón o 86% da súa capacidade, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Así, os encoros da conca de Miño-Sil, a máis caudalosa, atópanse ao 85,7%. Contan con 2.598 hectómetros cúbicos, cifra superior ao ano pasado nesta época e á media do últimos dez anos.

No tocante aos de Galicia Costa, levan 608 hectómetros, o 88,9%. Supón tamén unha cifra por encima de hai un ano e da última década.

A reserva hídrica española está ao 64,4 por cento da súa capacidade total. Os encoros almacenan actualmente 35.986 hectómetros cúbicos de auga, un 0,7% máis no sete días.

Os encoros soben esta semana ata o 46,4% da súa capacidade total.. MITECO
Os encoros soben esta semana ata o 46,4% da súa capacidade total.. MITECO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta