Galegas maiores de 80 anos que superaron a Covid-19: “Afectáronme máis as doses da vacina"

O Día da Muller chega ás residencias con 8 relatos de anciás que conseguiron superar a enfermidade.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Con motivo do Día da Muller o próximo 8 de marzo, a rede de centros sociosanitarios DomusVi comparte con nós 8 relatos de mulleres de entre 69 y 99 años que superaron a enfermidade da Covid-19, entre os que destacan os de dúas mulleres galegas: Fina Tizón, de 99 anos (A Coruña) e Nélida Fernández, de 85 anos (A Fonsagrada).

8M mulleres loitadoras
8M mulleres loitadoras | Fonte: DomusVi

Fina Tizón, da residencia DomusVi Matogrande, contraeu o virus e tivo a sorte de non presentar síntomas. Porén, tivo que estar illada noutro centro durante moito tempo porque as súas probas continuaban dando positivo.

 

“Afectáronme máis as doses da vacina que cando tiven o virus”, recorda Fina.  Ademais, comenta que o que máis lle custou foi estar lonxe da residencia, xa que botaba en falta "a compañía dos meus amigos e dos traballadores, a miña habitación e as miñas cosas”. Agora, xa de volta, síntese "como en casa”.

Pola súa parte, Nélida Fernández, da residencia DomusVi Lugo recoñece que cando contaxiouse do virus, sentiuse "algo desconcertada", pero estivo "tranquila", porque, aínda que lle preocupaba a súa saúde, "atendéronme moi rápido”, recorda.

Neste caso, os síntomas do virus foron moi fortes para ela: "sentía que non podía respirar”. A pesar disto, conseguiu superalo e agora, coa chegada da vacina, recuperou a esperanza de volver á normalidade. "Son muller, teño 85 anos e superei a Covid-19", asegura con orgullo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta