Dous positivos detectados no cribado a estudantes na UDC logo dun 50% de participación

Así o informou este xoves a área Sanitaria da Coruña e Cee, que destacou que "continúa realizando unha intensa actividade" de procura de casos positivos de Covid-19.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2021 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

O cribado realizado entre estudantes da Universidade da Coruña (UDC) detectou dous positivos por Covid-19 tras rexistrar un 50 por cento de participación.

Así o informou este xoves a área Sanitaria da Coruña e Cee, que destacou que "continúa realizando unha intensa actividade" de procura de casos positivos de Covid-19.

Segundo lembrou, neste cribado foron citados 12.649 estudantes e participaron nas probas 6.347, o que supón o 50,21 por cento dos convocados.

As mesmas fontes da área sinalaron que o número de casos positivos detectados foron dous, o que supón o 0,03% dos participantes no cribado.

Cribado
Cribado | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta