Un incendio provocado arrasa o Baixo Miño

Máis de 1.500 hectáreas en menos de 24 horas ameazan con convertir o lume iniciado en Oia no peor do verán. O lume provocado xa afecta a Tomiño e O Rosal e ameaza A Garda, Baiona e mesmo Tui. Esta é a impresión dun fatídico luns, 26 de agosto.

Por Xurxo Salgado | Oia | 27/08/2013 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

Eran as 16.00 horas da tarde do luns. Marchaba de Tomiño camiño de Santiago e, xusto ao saír da casa, inmensas colunas de fume comezaron a aparecer no horizonte. "De onde ven iso?", pregunteime preocupado. E a miña preocupación foi a máis cando vin que na veciñas localidades portuguesas de Vilanova da Cerveira e San Pedro da Torre había ata catro focos de lume, un deles, con máis dun quilómetro de lonxitude.

Era tal o espectáculo que non fun o único en parar o coche para sacar unha foto daquel horror que estaba vendo. E, ao tempo, maldicía ao criminal ou criminais que prenderon lume en distintos focos, moi preto uns dos outros e, mesmo, ao carón de vivendas.

De camiño a Santiago saltoume outro temor. "Agardo que isto non sexa un caramelo para outro pirómano que se quente vendo este espectáculo e prenda noutro lado". Non é a primeira vez que pasa. Dito e feito. Pouco despois iniciabase outro incendio. Desta volta, no lado galego, nos montes da Groba, na parroquia de Burgueira, en Oia.

Outros lumes

Un día antes tiña pasado por alí e xa me chamou a atención ter visto os restos dun incendio nas saias do monte, moi preto dunha plantación de kiwis que foi polémica no seu día por destrozar unha estación de petróglifos.

O criminal, ou criminais, que prenderon lume, novamente, pola mesma zona, sabían o que facían. Estes días o nordés nesa parte da serra é moi grande. Só necesitas un chisqueiro para crear unha desgraza, como así aconteceu.

O lume que comezou en Burgueira pasou logo a outras parroquias de Oia e do Rosal e este mércores xa entrou en Tomiño. Ameaza tamén con saltar a A Guarda e Baiona e, de poñerse moi perigosa a situación, podería chegar a Tui e entrar no Parque Natural do Monte Aloia.

Quen coñeza esa zona sabe que é fermosa e moi agreste. Xa no fatídico 2006 foi pasto das chamas que levaron case toda a masa forestal. O pouco que quedou e o que xa estaba comezando a saír é, agora, novamente, combustible para o lume.

Os medios

A Xunta fala de 1.200 hectáreas. Fontes consultadas por GC din que xa van máis de 1.500 e que, poderían chegar ás 2.000 esta mesma noite, se non se atallan. Os servizos de extinción de incendios traballan arreo, pero con "descoordinación". "Fan cortalumes en zonas innecesarias e hai certo descontrol entre os efectivos", comentan.

Alí están ous técnicos, 22 axentes, 35 brigadas, 29 motobombas, catro pas, 13 helicópteros e seis avións. Tamén medios da Unidade Militar de Emerxencias (UME) e outros estatais. E, aínda así, non dan a basto.

Curiosamente, este martes publicabamos no GC que a Xunta aínda sacaba a concurso a pasada semana a contratación do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais de cinco brigadas de prevención na Mancomunidae do Baixo Miño. Unhas brigadas que teñen que actuar en Oia, Tomiño, A Guarda, Tui e O Rosal, precisamente, as zonas con máis risco por este grave incendio.

As lapas consumen os montes de Oia
As lapas consumen os montes de Oia | Fonte: RTVE

Un dos incendios que afectou á Serra da Groba en Oia
Un dos incendios que afectou á Serra da Groba en Oia | Fonte: teinteresa.cm
Varios focos de lume en Vilanova da Cerveira e San Pedro da Torre o luns 26 de agosto de 2013
Varios focos de lume en Vilanova da Cerveira e San Pedro da Torre o luns 26 de agosto de 2013
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 pita do monte non extinta

pois claro que os montes teñen que ser productivos, os montes e as explotacions agro-gadeiras, esto xa saiu nos libros de CASTELAO, foi un nacionalista galego que tiña gran simpatia a U.R.S.S, foi partidario do socialismo, do nacionalismo e queria que os montes desen riqueza e decia que os arbores eran riqueza que era mellor ter un país con arbores nos montes que diñeiro nos bancos, e agora que temos un "vieiras" calquera que non sabe nada de nada...

3 FRIJO NARCO

Feijoo, saca a mangueira

2 Charli

Non creo que pase moito tempo antes de que aparezan gandeiros extensivos ofrecendo a sua actividade como a panacea contra os incendios. ¡CONVIRTAMOS GALICIA NUNHA GRANXA E XA VEREDES COMO NON HAI MAIS LUMES!

1 Arde Galiza?

Onde está Pétain? veraneando na dacha? onde os vendidos de Galicia non se vende? os salvapatrias do Bloque? Onde as manifestacións contra o terrorismo?. Só poden entenderse o que pasa, dende a perspectiva de que non hai ningún interés en investigar e rematarar cos continuos aldraxes a Patria. Algúns coma os PePeiros saben que nunha posible Galiza prospera, eles non teñen sitio. Cos avances da criminalística, hoxe que se desmantelan as mafias e grupos terroristas mais sofisticados, non pode entenderse que tal ruina un ano si e outro tamén siga arruinando a nosa Patria.

1 Rosaleiro de Oia

No se por donde andan Petain y "Galicia non se vende" pero para ser justos, a algunos de los "salvapatrias" del Bolque sí que los vi ayer colaborando en la extición del incendio con los vecinos.

2 Arde Galiza?

Só poño un exemplo de vontade de acabar co terrorismo incendiario. Hai uns anos Francia veu como a sua franxa mediterránea, o Rosellón e a Provenza empezou a ser asolada polos lumes. Dende o primeiro intre, os actos incendiarios foron por decreto lei incluidos coma actos terroristas. Os seus causantes directos e indirectos foron condeados coas mesmas peas que os que cometen actos terroristas. Desplegouse unha gran campaña informativa poñendo a cara dos responsables diante da opinión publica. Fixeronse leis para evitalos etc. Dende entón acabouse cos lumes na zoa, e os lumes de Galiza son continuamente novas de cabeceira nos seus medios de comunicación.

3 Arde_lambón

Dúas cousiñas: Onde están os responsábeis da morte das dúas mulleres en Cerdedo no 2006? refírome ao alcalde e máis ó autor material do incendio. Por outra banda, os pirómanos son xente enferma, e como tales hai que amosalos ante a opinión pública. Moi sospeitoso e isto de non ter feito nada (nin unha propaganda institucional do perfil do pirómano típico) contra eles en 40 anos, tan sospeitoso que no 2006 víuse con claridade que hai motivos políticos agochados tra-los lumes. PPSOeiros: preguntádevos o que fixéchedes cos culpábeis cando estaban na xustiza....os soltáchedes, así que nin Petain nin h. en vinagre, sodes vós o lixo que arruina a Galiza porque sodes vós os que estivéchedes no poder o 99% destes últimos anos. Non vai coar iso de desunir as forzas que vos van sacar do poder, mamandurriantes.

4 Arde Galiza?

Rosaleiro, vexo moi ben a solidaridade e cooperación, pero a laboura dos sectores comprometidos coa Patria e poñerse ao fronte do pobo e da ira popular contra tal crime e onde acontecen, non só nas capitais. Como fixeron en Sicilia os sectores sociais a cabeza do pobo para rematar coa mafia e coa complicidade de políticos e autoridades ao seu serrvizo. Sinalar a responsables por activa ou pasiva, pedir o cesamento de todos os sectores que poidan beneficiarse. Investigar os posibles interesados en que unha Galiza cun potencial enorme no sector turístico non sexa creador de rivalidade etc.