Transportistas do carbón instan a Endesa a negociar en lugar de mandarlles á Garda Civil

Empregados de auxiliares e da empresa cortaron o acceso á central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2021 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O presidente da Asociación de Transportistas de Carbón das Pontes (ATCAP), Manuel 'Cholo' Bouza, instou aos directivos de Endesa "a sentar nunha mesa a negociar" cos traballadores en lugar de mandarlles á Garda Civil ás protestas.

Varios dos trailers que habitualmente son empregados para transportar o carbón que chega ao porto exterior de Ferrol, destinado a esta central térmica das Pontes de García Rodríguez, permanecen "estacionados" desde o xoves ante as dúas entradas e saídas que teñen o complexo enerxético, nunha acción de protesta para reclamar "unha transición xusta".

O representante dos transportistas criticou á empresa eléctrica por asegurar que a central térmica está pechada, "cando iso é mentira", e instou á empresa a sentar cos traballadores. "A situación quen a ten que arranxar é Endesa, sentarnos a todos, falar e ver o que se vai facer xa dunha vez, que non nos sigan enganando, xa que por aí van os tiros".

Bouza lembrou que tamén están a protestar os traballadores das auxiliares, os sindicatos e "o pobo enteiro, representado polas asociacións de empresarios e comerciantes" e por iso instou aos directivos de Endesa a dialogar con eles.

Por outra banda, á primeira hora da mañá deste luns, 8 de marzo, tanto os transportistas como os traballadores de auxiliares e de Endesa cortaron de maneira momentánea o acceso tanto á central térmica como ao ciclo combinado, situado nas inmediacións, coa lema 'Goberno central, Xunta e Endesa concreten o futuro dos traballadores'.

Corte ao acceso á central térmica.
Corte ao acceso á central térmica. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta