Temas: FOGAR PADRóN CCOO

Denuncian a "inacción" do concello de Padrón na licitación do servizo de axuda no fogar

"A día de hoxe, non hai constancia da publicación do prego de cláusulas, o que provoca o descoñecemento do actual contrato que vincula á empresa subcontratada co concello", explicou CC OO nun comunicado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A Federación de Construción e Servizos de Comisións Obreiras (CCOO) de Galicia denunciou ante a Fiscalía a "inacción" do concello de Padrón na licitación do servizo de axuda no fogar (SAF).

O secretario xeral da Federación, Sergio López, acudiu este martes ao Xulgado de Padrón para ratificar unha demanda na que o sindicato acusa o goberno local de "incumprir de forma reiterada" as súas obrigacións.

"A día de hoxe, non hai constancia da publicación do prego de cláusulas, o que provoca o descoñecemento do actual contrato que vincula á empresa subcontratada co concello", explicou CC OO nun comunicado.

A agrupación sindical destacou tamén que tanto eles como o comité de empresa tentaron contactar en varias ocasións coa Administración local "para solucionar esta irregularidade", pero "o concello negouse tanto a dar información como a reunirse para clarificar a situación".

O sindicato recalcou que a falta de información sobre cuestións como a data de finalización do servizo ou os prezos pactados provocan "un grave prexuízo" para as traballadoras do servizo, "xa que nunca se actualizaron as contías dos prezos, o que incide nas baixas condicións económicas que padecen".

A Federación de Construción e Sevicios de CC OO denuncia ante a Fiscalía a 'inacción' do concello de Padrón na licitación do servizo de axuda no fogar. COMISIÓNS OBREIRAS
A Federación de Construción e Sevicios de CC OO denuncia ante a Fiscalía a 'inacción' do concello de Padrón na licitación do servizo de axuda no fogar. COMISIÓNS OBREIRAS | Fonte: Europa Press

Temas: FOGAR PADRóN CCOO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta