Non cesa o goteo de mortos con covid

A Xunta informa de cinco persoas falecidas, 2.283 desde o inicio da pandemia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 21:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou este martes do falecemento doutras cinco persoas con coronavirus en Galicia. De tal forma, o total de vítimas mortais desde o inicio da pandemia elévase a 2.283.

Estas cinco persoas tiñan patoloxías previas. Unha muller de 97 anos, que procedía da residencia DomusVi Laraxe de Cabanas, faleceu no CHUF de Ferrol. Un destes falecementos produciuse este martes, 9 de marzo. Trátase dun home de 89 anos, falecido no HULA de Lugo.

Os outros catro óbitos producíronse o día 8 de marzo. Ademais da muller procedente dunha residencia de Cabanas, nesa xornada produciuse a defunción de tres homes: de 68 anos (no HULA), de 75 anos (no Chuvi) e de 79 anos (tamén no Chuvi).

Cvirus.- Detectados 60 positivos nun brote relacionado cun colexio de Lugo, que vinculan á cepa británica. Carlos Castro - Europa Press
Cvirus.- Detectados 60 positivos nun brote relacionado cun colexio de Lugo, que vinculan á cepa británica. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta