Repunte de casos de coronavirus en centros educativos galegos

Este incremento rompe coa tendencia á baixa das últimas semanas. Pola súa banda, as aulas clausuradas mantéñense en 23.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2021 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

Os casos activos de covid-19 en centros educativos de Galicia --infantil e ensino non universitario-- repuntan ata 484, seis máis que a anterior xornada, segundo datos deste sábado da Xunta.

Deste xeito, este incremento rompe coa tendencia á baixa das últimas semanas. Pola súa banda, as aulas clausuradas mantéñense en 23. Igualmente, a Escola Infantil PAI de Tordoia, situada na área sanitaria de Santiago, segue como único centro pechado debido a un positivo no mesmo.

Por áreas sanitarias, a da Coruña concentra o maior número de casos activos en centros na Comunidade galega, con 192, o que supón cinco menos, e tres aulas pechadas (catro menos). O CPI Castro Baxoi, de Miño, está á cabeza con nove positivos; seguido polo CPR Plurilingüe Liceo A Paz e o CEIP Raquel Camacho, ambos con oito cada un na cidade herculina.

O maior incremento prodúcese na área de Ferrol, que alcanza os 62 casos (17 máis). Sobresaen os 29 positivos no CPR Tirso de Molina de Ferrol, maior cifra de Galicia, uns casos asintomáticos que se detectaron despois do cribado realizado entre alumnos e profesores.

RESTO DE ÁREAS

A área sanitaria de Vigo conta con 79 contaxios (dous máis) e segue con seis aulas pechadas. O CPR Plurilingüe Divino Salvador, na cidade olívica, é o de maior número de positivos, con seis. En Pontevedra son 62 casos activos, o que supón seis menos que o venres. As aulas clausuradas son cinco, unha máis. O IES Illa de Tambo, en Marín, conta con seis positivos.

Os casos na área de Santiago baixan a 39 (tres menos). Ningún colexio supera o tres positivos e non hai aulas clausuradas. As áreas con menor incidencias son as de Lugo e Ourense. No caso lucense hai 29 positivos (un menos) e unha aula pechada; mentres o CPI Doctro López Suárez, no Saviñao, conta co maior número de casos (catro). En Ourense mantéñense os 21 positivos e o tres aulas inoperativas. O centro máis afectado é o IES Castro de Baronce, en Verín, con cinco positivos.

Vista xeral do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), en Pontevedra, Galicia (España), a 13 de marzo de 2021. Un total de 4.400 persoas serán inmunizadas por un equipo de 60 profesionais sanitarios que administrarán a vacina de AstraZeneca aos ciudadan. Europa Press
Vista xeral do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), en Pontevedra, Galicia (España), a 13 de marzo de 2021. Un total de 4.400 persoas serán inmunizadas por un equipo de 60 profesionais sanitarios que administrarán a vacina de AstraZeneca aos ciudadan. Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta