Galicia recibe os dous primeiros menores non acompañados "impostos" polo Goberno central

A Xunta alerta que se trata de dous mozos de Gambia e Senegal, á espera de completar o traslado desde Canarias.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/09/2025 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, informou no Parlamento de Galicia que a Xunta recibiu este mércores os dous primeiros expedientes de menores non acompañados dos 317 que terá que acoller por “imposición” do Goberno central. Trátase de dous mozos de Gambia e Senegal que están a piques de cumprir a maioría de idade.

A conselleira de Política Social e Igualdae, Fabiola García, no Parlamento de Galicia. XUNTA
A conselleira de Política Social e Igualdae, Fabiola García, no Parlamento de Galicia. XUNTA | Fonte: Europa Press

Actualmente, ambos atópanse nas Illas Canarias e a Xunta non ten coñecemento das datas previstas para o seu traslado. García cualificou a repartición de “arbitraria” e sen consenso coas comunidades autónomas, denunciando que esta imposición responde a pactos do Executivo central cos seus socios parlamentarios.

A conselleira destacou que Galicia será obrigada a acoller 317 menores, mentres que País Vasco e Cataluña non terán que asumir ningún. Recordou que Galicia, xunto con outras 10 comunidades de distinto signo político, presentou un recurso ante o Tribunal Constitucional e que seguirá recorrendo todos os decretos e normativas do Goberno central nesta materia.

Ademais, García indicou que esta tarde a Xunta recibiu de forma extraoficial información de que se enviarán a Galicia outros 15 menores estranxeiros, solicitantes de asilo, que deberán ser atendidos polo Executivo galego en sanidade e educación. A conselleira criticou que o Goberno central actúa “pela porta de atrás”, derivando ás comunidades a responsabilidade da súa integración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta