Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/09/2025 | Actualizada ás 17:43
Un dos brigadistas feridos nos incendios rexistrados no mes de agosto en Ourense recibiu o alta, segundo informaron fontes do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac). Trátase do brigadista de 26 anos, que presentaba queimaduras de segundo grao con afectación no 15% do seu corpo e que sufriu intoxicación por inhalación de fume.
Seguen ingresados o brigadista de 18 anos, con queimaduras de terceiro grao e afectación do 40% do corpo, tamén con intoxicación por inhabilación de fume. Está estable, aínda que o seu prognóstico segue sendo grave. No caso do bombeiro de 46 anos, evoluciona favorablemente. No seu caso presenta queimaduras de segundo grao con afectación do 10% do corpo e intoxación por inhalación de fume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.