Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/09/2025 | Actualizada ás 18:01
A campaña na Denominación de Orixe Rías Baixas supuxo a recollida de máis de 31 millóns de quilos de uva, segundo informan en relación á mesma. Os primeiros traballos comezaron o pasado 20 de agosto en Salvaterra do Miño, subzona do Condado do Tea; un día máis tarde en Ribeira do Ulla e o 22 de agosto en Tomiño, O Rosal para dar paso ao 23 de agosto no Salnés.
No ecuador da vendima, explica que xa se recolleron a man 31.400.000 quilos de uvas autóctonas. "Destaca a gran calidade, grazas a un agosto caloroso, que permitiu a súa óptima maduración, que se pode resumir nun bo estado hixiénico sanitario", indica Agustín Lago, director técnico da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Tamén afirma que "o grao alcohólico e de acidez son correctos" e que esta vendima "está a cumprir con todas as expectativas que xa se anunciaron no Informe de Estimación da Colleita 2025, presentado polo Órgano de Control e Certificación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.