A D.O. Valdeorras comeza a vendima, marcada polo 80º aniversario do Consello Regulador e pola valoración do equipo técnico sobre o terreo dos posibles efectos do paso dos lumes que asolaron a comarca. “É importante sinalar que as viñas foron as heroínas que actuaron como cortalumes naturais en moitas partes, salvando moitas das casas dos pobos nas que están prantadas”, di un dos técnicos.
  comenta   0
A produción da Denominación de Orixe Monterrei segue nos últimos anos un "crecemento constante", superando a colleita do ano pasado por primeira vez, "os 7 millóns de quilos de uva (7.694.464 kg)".
  comenta   0
A Xunta destinará 2 millóns a facilitar o financiamento para a compra de uva por parte de adegas galegas.
  comenta   0
Randstad activou unha campaña de contratación para cubrir máis de 2.000 vacantes no sector vitivinícola en toda España con motivo da vendima de 2025, segundo informou este xoves.
  comenta   0
Na súa primeira visita á D.O. Valdeorras aproveitou para realizar unha cata de 68 viños, 36 brancos e 30 tintos. Hidalgo é crítico de viños e editor para Chile, Arxentina e España, no medio estadounidense Vinous.com
  comenta   0
Para o inicio da vendima en moitos viticultores da Denominación de Orixe, están a detectar moitos casos de leiras con elevadas producións, que superan o límite establecido de rendemento por hectárea e que con todo "presentan parámetros de calidade óptimos".
  comenta   0
Unha empresa galega combina predicción meteorolóxica e análise de esporas para reducir tratamentos e protexer o viñedo. A tecnoloxía desenvolvida por Monet Viticultura permite aforrar ata un 30 % en produtos fitosanitarios e mellorar a saúde do viñedo.
  comenta   0
O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se cualifica de utilidade pública a erradicación da praga da flavescencia dourada da vide. Esta norma establece medidas de prevención e loita, así como os deberes das persoas operadoras profesionais, titulares de parcelas de viñedo e profesionais para o seu control.
  comenta   0
O responsable do sindicato agrario incidiu na importancia de adiantarse este ano e adoptar medidas "con tempo" que teñen que ser distintas á destilación de crise ou as axudas á paisaxe que aprobou a Xunta xa en setembro e que resultaron, en palabras de Basalo, "insuficientes"
  comenta   0
A Consellería de Medio Rural "tivo que ter enviado o pasado 1 de marzo os importes calculados da axuda da colleita en verde" ao Ministerio de Agricultura, segundo sostén o sindicato.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncia que as axudas publicadas pola Xunta o pasado 30 de decembro para a Ribeira Sacra "discriminan" a pequenos viticultores en favor dos que contan con grandes extensións de terreo.
  comenta   0
A conselleira María José Gómez destaca o traballo dos 1.500 viticultores desta subzona, a segunda en volume de uva recollida na denominación.
  comenta   0
"Para o traballo do campo en xeral si que che fai falta un mínimo de forza física... eu, en lugar de usar sachos grandes e pesados, busco ferramentas que se adapten mellor á miña man e ao meu corpo". "Ao final non se trataba tanto de ter forza física, senón de pensar", chancea Raquel, que a día de hoxe presenta un viño natural dende o 2016, elaborado sen tratamentos químicos.
  comenta   0
A cantidade recollida foi un 11% superior á do decenio 2015-2024, pero un 4% menos que a de 2023, que foi de marca. Con todo, os datos varían en función da denominación de orixe.
  comenta   0
Os datos publicados polo consello regulador constatan, segundo o Sindicato Labrego Galego (SLG), unha diminución de vendima nas uvas tintas de 1.780.408 quilogramos. Supón máis dunha cuarta parte con respecto a 2023, case un 27 %. "Esta cifra supera as peores previsións", incide.
  comenta   0
Actualmente hai xa máis 70 millóns de quilos de uva recollidos entre as cinco denominacións de orixe, o que demostra un bo ritmo, dado que as previsións dos consellos reguladores son conseguir 72,5 millóns de quilos.
  comenta   0
A recollida pode chegar ata os 72,5 millóns de quilos, segundo as previsións das cinco denominacións de orixe.
  comenta   0
A axuda será de 1,05 euros por litro de viño destilado e poderán beneficiarse aquelas empresas vitivinícolas elaboradoras de viño tinto amparado pola DO Ribeira Sacra.
  comenta   0
Federico Enguix, director de operacións de vitiDron, considera que "os drons permiten aos viticultores aforrar un montón de tempo, pois zonificando o espazo podemos dicirlle que zonas están ben e pode pasar máis por alto, e cales son nas que se debe concentrar", de tal maneira que "contamínase menos cos tratamentos e realízase menos gasto nos mesmos".
  comenta   0
Roberto Rivas, presidente da Asociación Galega de Viticultura (AGV), amósase moi preocupado de cara ao futuro pola falta de man de obra, un problema que "cada ano vai a máis", mentres que "os viños galegos cada vez están máis de moda en todo o mundo, sobre todo os brancos".
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que "é certo" que existe unha caída "xeral" do consumo de viño que "non é igual en todas as zonas" e que require que as administracións "boten unha man".
  comenta   0
A nova normativa publicada no DOG tamén modifica os requisitos obrigatorios para as mesturas das variedades en viños Rías Baixas Roseira, Salnés e Ribeira do Ulla.
  comenta   0
Xestouse no ano 2012 cunha reunión de amigos fronte a un prato de polbo nunha pequena casa do concello de Vedra. Soñaban con fabricar unha xenebra de calidade 100 % galega. O seu éxito foi tal que dunha produción de 5.000 botellas no ano 2013 pasouse, once anos máis tarde, a unha de 1,6 millóns de botellas.
  comenta   1
O equipo de cata da Guía Peñín conclúe que “a mellor versión da godello en España está en Valdeorras”. A noticia chegou días antes da celebración da XXV Feira do Viño de Valdeorras, evento que terá lugar os días 1 e 2 de xuño na Praza de Viloira do Barco.
  comenta   0
As tempadas de seca máis longas, as precipitacións máis concentradas, períodos con xeadas moi fortes e outros elementos climatolóxicos importantes poden poñer en risco a produción vitivinícola galega. Ante un posible escenario onde cambien as condicións climáticas en Galicia, os viños galegos estarían preparados para afrontar cambios no clima?
  comenta   0
A responsable dos avisos fitosanitarios da Estación Fitopatolóxica Areeiro, Rosa Pérez Otero, expón as principais cuestións a ter en conta sobre este patóxeno que afecta ás vides.
  comenta   0