Galicia terá unha primavera "seca e cálida", din os meteorólogos

A ponte do San Xosé sera anticiclónica pero fría, apuntan dende AEMET.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2021 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prevé que a primavera en Galicia sexa "seca e cálida". O seu delegado en Galicia, Francisco Infante, considerou "máis probable" que a comunidade autónoma teña un trimestre sen moitas choivas e temperaturas altas e adiantou que este fin de semana, na ponte de San José, haberá tempo "anticiclónico" con temperaturas "fresquiñas ou frías".

En rolda de prensa na sede da Delegación do Goberno na Coruña, Infante explicou que no que levamos de marzo as temperaturas están a ser "inferiores aos valores normais" e, en xeral, é "máis seco do normal". A tendencia seguirá a próxima semana, confirmou, con máis calor, pero descartou prever con exactitude como será a Semana Santa.

"Non hai moitos sinais", apuntou para saber que tempo fará a finais de mes, pero considera que será como outros marzos onde, dixo, "adoita haber bastantes variacións" climatolóxicas. "Cun pouco de todo porque coincide que acaba o inverno e chega a primavera", engadiu. No balance do inverno, Infante destacou o "quecemento súbito estratosférico" que se rexistrou en xaneiro e febreiro e que provocou entradas "moi marcadas" de aire frío e quente. Trátase dun fenómeno, dixo, que chega cada catro ou cinco anos. Sobre o cambio climático, prognosticou que provocará "un clima máis extremo con temperaturas máis altas e secas".

Varias persoas gozan dun día de primavera anticipada no paseo marítimo da Coruña. M. Dylan - Europa Press
Varias persoas gozan dun día de primavera anticipada no paseo marítimo da Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta