A Xunta abrirá escolas e institutos para que os adultos realicen actividades

Educación elabora un plan de arquitectura que pretende "uniformar" as construcións educativas en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2021 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

A Xunta quere abrir os centros educativos que acollan actividades dirixidas á poboación xeral. Trátase dunha das liñas do 'Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica' a través do cal a Adminstración autonómica pretende dar "unha orientación educativa" ás infraestruturas educativas e "uniformarlas" a nivel galego baixo criterios de accesibilidade e eficiencia enerxética.

O Executivo galego, no Consello da Xunta deste xoves, deu o visto e prace a este plan, que contempla 191 millóns de euros entre o ano 2021 e o 2024 para o seu desenvolvemento nos 1.100 centros públicos de ensino dos que é titular a Administración galega en 275 concellos.

"O reto é deseñar unha nova arquitectura institucional educativa acorde coas novas metodoloxías de aprendizaxe, cos novos espazos de socialización escolar e cos obxectivos de desenvolvemento sostible 2030", sinalou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello.

O plan divídese en tres liñas estratéxicas: a académica, a relativa ás infraestruturas e o reforzo da sustentabilidade. Para cumprir cos obxectivos marcados en cada unha das partes, a Xunta márcase unha serie de actuacións que estarán harmonizadas para contar con centros educativos adaptados ás persoans con capacidades diferentes, "intregrados" coa paisaxe e cunha "identidade corporativa e señalética homógenea".

Unha dos principais puntos do programa é a intención de abrir os centros educativos á realización de actividades para a poboación en xeral, de modo que os cidadáns das localidades onde se atopan os colexios e institutos poidan facer uso das instalacións.

Escolares debuxando nunha aula.
Escolares debuxando nunha aula.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta