1,1 millóns, as axudas que a Xunta lles dá aos sindicatos

Poden acollerse a dous programas diferentes de subvencións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Este xoves foi publicada a orde de axudas que destina a Xunta aos sindicatos, que se manteñen en 1,1 millóns de euros en 2021, distribuídas en dous programas. Esta contía é a mesma que as organizacións sindicais veñen recibindo do Goberno galego desde 2017. En 2010, a partida era case o dobre (2,1 millóns de euros).

O primeiro é o programa de axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais durante o ano 2021. O segundo, o de axudas para a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos das organizacións sindicais e para plans de formación de persoais e delegados sindicais.

O importe global de ambos os programas ascende a un total de 1.099.800 euros, que figura na lei de orzamentos da comunidade para este ano.

Manifestación convocada por UGT e CC.OO. en Vigo no 1 de maio
Manifestación convocada por UGT e CC.OO. en Vigo no 1 de maio | Fonte: UGT

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta