A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico celebrarase en Santiago no mes de abril en edición física e dixital

A MICE do pasado 2020 foi unha das primeiras actividades que tiveron que ser suspendidas por mor da pandemia, pero que grazas á capacidade de adaptación conseguiu "reiventarse" para aparecer no mes de agosto cun formato mixto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2021 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela acollerá entre os días 6 e 10 de abril a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego, un encontro sobre a antropoloxía visual que, nesta ocasión, compatibilizará contidos presenciais e en liña.

A organización da Mostra desvelou este martes os contidos completos do certame, que este ano se estrutura ao redor da vintena de proxeccións da Sección Oficial e da de Fóra de Concurso, así como do apartado 'Impropias', que aborda a memoria histórica desde unha perspectiva de xénero, e as denominadas  'Trazas', en colaboración co Cineclube de Compostela e dedicado á linguaxe.

Durante a presentación, o director da Agadic, Jacobo Sutil, destacou que a MICE vai "un paso máis aló do cinema documental", o que incide na visualización da relación humana cos territorios, cos costumes e coa idiosincrasia de cada pobo. "Se o cinema galego, en xeral, cobra todo o sentido cando fala de nós mesmos, o cinema etnográfico galego, do que hai boas mostras nesta carteleira, achegan claramente ese plus diferencial que nos sitúa como un sistema audiovisual propio no panorama global", expresou.

A MICE do pasado 2020 foi unha das primeiras actividades que tiveron que ser suspendidas por mor da pandemia, pero que grazas á capacidade de adaptación e resistencia as estruturas culturais galegas conseguiron "reiventarse" para levar a cabo no mes de agosto un formato mixto (en liña e presencial) e non perder o contacto nin cos profesionais nin co público.

A programación da Sección Oficial da 16ª MICE poderá seguirse desde as pantallas do Museo do Pobo Galego, do Teatro Principal e do Cinema Númax. Serán 11 películas de sete países (España, Estados Unidos, Francia, Finlandia, Marrocos, Mozambique e Portugal) as que irán a concurso, entre as que se atopan catro filmes galegos: 'A miña terra', de Santiago D. Risco; 'Notas sobre a habilitade na Barca', do Colectivo Semente; 'A poeta analfabeta', de Sonia Méndez e 'Entre pastores e lobos', de Manuel Pedrosa.

Fóra de competición proxectaranse o documental Negro Púrpura, de Adriana P. Villanueva e Sabela Igrexas, que abrirá a MICE coa súa preestrea o 6 de abril, ou títulos como 'Vos corpos' de Eloy Domínguez Serén, e o mediometraje 'Do Not Lean On Door', de Vicente Vázquez.

Entre as actividades paralelas destacan o taller práctico 'Da investigación á creación biográfica' e a exposición 'Ons soa', comisariada pola arqueóloga e etnógrafa Paula Bellesteros-Arias a partir do seu traballo de campo na illa de Ons.

MICE
MICE | Fonte: museodopobo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta