Cribados masivos en Abegondo e Bergondo

O Sergas cita a partir deste venres a máis de 4.500 cidadáns.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/03/2021 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade citou a partir deste venres a máis de 4.500 cidadáns dos concellos coruñeses de Bergondo e Abegondo para a realización de cribados de covid-19.

En concreto, durante o venres e o sábado terá lugar un cribado mediante test de antíxenos en Abegondo, destinado a veciños entre 18 e 65 anos, un colectivo duns 1.860 usuarios. O cribado terá lugar no Centro de Saúde.

Así mesmo, entre o venres e o domingo terá lugar en Bergondo, tamén no seu Centro de Saúde, outro cribado, neste caso con PCR, para persoas entre 18 e 65 anos que serán citadas por SMS. Calcúlase que serán chamados ao redor de 2.700 persoas.

Un home participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, a 6 de febreiro de 2021
Un home participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, a 6 de febreiro de 2021 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta