Dous operarios resultan feridos en senllos accidentes rexistrados en Vilagarcía e Curtis

Un deles resultou ferido ao ceder o teito dun inmoble sobre o que estaba traballando.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2021 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

Dous traballadores foron evacuados na tarde deste venres tras verse involucrados en senllos accidentes laborais en Vilagarcía e Curtis.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o primeiro deles tivo lugar preto das 16,00 horas nun edificio en obras na Avenida Doutor Tourón, en Vilagarcía. O teito do inmoble cedeu e, como consecuencia, un traballador resultou ferido de diversa consideración.

Ademais dunha ambulancia do 061, foron mobilizados efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía, da Policía Local e Nacional e de Protección Civil da localidade.

Pouco despois, ao fío das 16:15 horas, outro operario necesitou a axuda dos equipos de emerxencia tras caer dunha altura no Polígono Industrial de Teixeiro, no concello coruñés de Curtis.

O ferido foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña polo equipo médico de urxencia, que recibiu o apoio dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil de Curtis.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta