Ollo se viaxas en tren: a Xunta prevé iniciar a mediados da próxima semana os cribados nas estacións

A proba, con test de antíxenos, é de carácter voluntario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2021 | Actualizada ás 21:34

Comparte esta noticia

Coincidindo co primeiro día de test de antígenos no aeroporto coruñés de Alvedro, a Consellería de Sanidade informou de que ten previsto comezar, a mediados da semana que vén, os cribados nas estacións ferroviarias de Adif, como medida complementaria para evitar contaxios.

Así mesmo, e na procura de estender a realización de probas ao conxunto de instalacións aeroportuarias galegas, este mesmo venres, a xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela, Eloína Núñez, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Francisco Javier Ponte, visitaron os aeroportos de Compostela e a cidade olívica, para determinar o lugar máis adecuado onde poder inicialos "canto antes".

Sanidade comezou leste mesmo venres a realización de probas diagnósticas no aeroporto de Alvedro, testando aos pasaxeiros dos sete voos que ao longo da xornada arribaron á cidade da Coruña. A proba, con test de antíxenos, é de carácter voluntario.

Tras o convenio asinado na tarde do xoves con Aena para a cesión dos espazos, Sanidade puxo en marcha o operativo para poder realizar as probas desde primeira hora deste venres. A xornada transcorreu "con normalidade" e a participación foi ao longo da mañá da contorna do 15%, sen detectarse ningún positivo.

A consellería agradeceu a Aena e ao do director do aeroporto da Coruña, Jesús Campo, a súa colaboración nas tarefas de organizativas vinculadas á realización destes cribados.

Estación de tren
Estación de tren | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta