A Xunta acusa o Goberno central de restarlle aos autónomos e pemes galegas 100 millóns de euros en axudas

O Executivo central destinará a Galicia algo máis de 230 millóns, co que se converte "practicamente na comunidade que menos diñeiro vai recibir", lamenta Rueda.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/03/2021 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, criticou este sábado o "desaire" do Goberno central aos autónomos e pemes galegas beneficiarios do fondo de axudas postcovid, que recibirán, indicou, 100 millóns menos "do que terían que recibir".

Local pechado en Santiago de Compostela.
Local pechado en Santiago de Compostela.

Rueda dixo que o Goberno galego recibiu este venres "con absoluta decepción" a cifra que o Executivo central destinará a Galicia, algo máis de 230 millóns, co que se converte "practicamente na comunidade que menos diñeiro vai recibir".

"Non o entendemos", dixo Rueda, para quen "parece que primeiro se decide a cantidade en base a criterios que non son obxectivos e logo téntase revestir para facer entendible o que non ten explicación".

De acordo cos establecementos, a poboación e as perdas, Galicia debería "recibir 100 millóns máis", explicou o vicepresidente, que lamentou que un hostaleiro de Baleares "vaia recibir case sete veces máis que un hostaleiro galego".

Esta "cantidade moi inferior"; engadiu, "non é un desaire á Xunta, se non aos galegos que necesitan as axudas", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta