Alertan dun novo niño cegoña branca en perigo en Ourense

Ecoloxistas en Acción e Amigos das Cegoñas advirten dun novo episodio de nidificación de cegoña branca nunha grúa da construción.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 29/03/2021 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción confirman a boa nova da presenza dunha segunda parella de cegoñas brancas nidificante en Ourense durante a participación do censo da especie. Dita parella de cegoñas instalou o seu niño no guindastre dunha grúa da construción situada nunha obra do barrio ourensán de Berrocás. "Esta ubicación conleva un grave risco de interrupción do proceso de aniñamento", indican nun comunicado.

Os ecoloxistas apuntan que este tipo de niños obedece a un fenómeno inherente á especie coñecído como “filopatría”. A filopatría característica das cegoñas fai que os exemplares nados nunha zona nidifiquen o máis cerca posible do lugar de nacimento e en plataformas ou sustratos similares. Existen poboacións de cegoñas claramente de nidificación arborícola (como as da Limia) ou por enteiro asociadas a construcción humanas (como algunhas de León).

Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción están traballando xa nunha proposta para a execución dun proxecto de emprazamentos de nidificación alternativos para conquerir ubicacións definitivas para estos niños de cegoñas situados en puntos inadecuados que terán que ser trasladados de lugar. Por iso, solicitan á administarción que os manteña correctamente informados sobre calquera intervención que se poida producir neste segundo niño.

Dado que se trata de unha especie protexida tanto pola lexislación Europea e diferentes convenios internacionais, como pola lexislación española, dende ambos colectivos ecoloxistas insisten nun trato o máis delicado posible para non interferir na nidificación. Sinalan que é unha moi boa nova para a cidade de Ourense porque "pode convertirse nun exemplo de xestión responsable de niños de cegoñas si se procede cun mínimo de responsabilidade e empatía cara esta ave".

Niño dunha parella de cigoñas nunha grúa da construción en Ourense
Niño dunha parella de cigoñas nunha grúa da construción en Ourense | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta