A Xunta inicia a solta do parásito Torymus Sinensis para combater a avespa do castiñeiro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2021 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural iniciou a solta de 1,6 millóns de individuos do parásito Torymus Sinensis "para consolidar a súa loita contra a avespa do castiñeiro", informa. Sobre esta medida, indica que investirá máis de 2,2 millóns de euros en 2021 para combatir a praga con este método natural.

En concreto, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal comezou estes días a realizar as primeiras soltas nas comarcas da Coruña e Pontevedra, onde as condicións meteorolóxicas permitiron que os castiñeiros xa brotasen. Nas próximas semanas, os traballos seguirán tamén as provincias de Lugo e Ourense.

A Consellería explica que o momento da solta "depende de cando comezan a crecer as follas dos castiñeiros e, por tanto, as bugallas. "Así, cando hai un número suficientes de bugallasen un souto procédese á solta dos parásitos", apunta.

Por outra banda, precisa que o número "depende da superficie de soutos e plantacións de castiñeiro existentes, co obxectivo de que o parásito comece de forma natural a súa expansión e protexa así estes enclaves naturais".

Párasito Torymus Sinensis para loitar contra a avespa do castiñeiro. CONSELLERIA DO MEDIO RURAL
Párasito Torymus Sinensis para loitar contra a avespa do castiñeiro. CONSELLERIA DO MEDIO RURAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta