A Xunta mantén case 100.000 vacinas inmobilizadas, á cabeza do Estado

Ata o momento, Galicia só administrou o 84'2% das doses repartidas polo Ministerio de Sanidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2021 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

Galicia leva administradas un total de 524.134 vacinas contra a covid-19, o que implica o 84,2% do total das recibidas. Trátase da terceira porcentaxe máis baixa de entre todas as autonomías españolas, tan só por enriba de de País Vasco (79,3%) e Melilla (80,5%), mentres que a media estatal é do 88,2%. Segundo o informe de vacinación feito público este sábado polo Ministerio de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) inoculou 45.684 vacinas entre o mércores e o Venres Santo, última data de actualización dos datos galegos.

Ademais, ata este venres 170.558 persoas recibiron a pauta completa en Galicia. Isto implica que, desde o martes, quedaron inmunizadas 16.030 persoas máis. O número de vacinas entregadas ao Sergas ascende a 622.665 doses, case 100.000 máis das inoculadas ata o momento. De todas elas, 427.165 correspóndese con Pfizer-BioNTech, 73.600 con Moderna e 121.900 co modelo de AstraZeneca.

PREVISIÓNS DE SANIDADE

As previsións da Consellería de Sanidade para a Semana Santa inclúen o obxectivo de que o 89% dos maiores de 80 anos teñan posta algunha dose contra a covid-19. Nun comunicado remitido aos medios este venres, Sanidade destacaba que o mércores 31 de marzo había vacinados 173.548 maiores de 80 anos, o que supón o 74%. Asimesmo, explicaba que durante a Semana Santa, entre o xoves e o luns --ambos os incluídos--, daríase cita a 36.000 maiores de 80 anos, o que suporá que o total vacinados será de 209.548, o 89,55% do total deste grupo de idade.

En liñas paralelas, a Consellería avanzaba que, a próxima semana, entre o martes e o mércores, administrarase dose a outros 20.000 maiores de 80 anos, polo que o 7 de abril prevé que estea vacinado o 98% do colectivo. Por outra banda, fontes de Sanidade explican que tamén este sábado, igual que todos os días --incluídos os pasados festivos--, se reuniu o equipo directivo da Consellería para facer un seguimento do plan de vacinación.

O presidente Alberto Núñez Feijóo, no Consello de Xunta
O presidente Alberto Núñez Feijóo, no Consello de Xunta | Fonte: Ana Varela - Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta