Política Social insiste en que conta "con todo o sector" para deseñar o novo modelo de residencias de maiores

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/04/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Consellería de Política Social insistiu este luns en que conta "con todo o sector" para deseñar o novo modelo de residencias de maiores, e lembrou que segue "traballando" nun comité asesor sociosanitario para perfilar o modelo.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, xunto á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, nun acto na asociación xuvenil Abertal.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, xunto á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, nun acto na asociación xuvenil Abertal. | Fonte: Europa Press

Así se pronunciou a conselleira Fabiola García durante unha visita á asociación xuvenil Abertal de Vigo, sobre as denuncias dunha asociación de familiares de residentes, que criticou que o Goberno galego non lles teña en conta no deseño dese novo modelo residencial.

A conselleira lembrou que, tras o último "ano dificilísimo" de pandemia, a Xunta empezou a traballar no novo modelo, contando coa colaboración "de todo o sector", desde traballadores e profesionais das residencias, ata familiares e asociacións.

Respecto diso, indicou que "xa hai un primeiro borrador" do futuro sistema, e estase traballando en cuestións como as melloras arquitectónicas, o impulso do sistema sociosanitario, ou a aplicación das tecnoloxías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta