Rodríguez culpa a Beiras de "afondar na subordinación de Galiza"

As negociacións entre Anova e Bloque cara unha coalición para as eleccións europeas non avanzan.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/09/2013 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Francisco Rodríguez rebate no seu último artigo a aposta de ANOVA por unha fronte ampla do nacionalismo e das esquerdas que se poida integrar nunha coalición con forzas estatais nas eleccións europeas. O principal referente ideolóxico da UPG -o partido máis numeroso no Bloque- acusa a formación do seu ex-compañeiro Xosé Manuel Beiras de afondar na subordinación de Galicia.  

Quintana, Beiras e Paco Rodríguez nunha asemblea do Bloque
Quintana, Beiras e Paco Rodríguez nunha asemblea do Bloque

"Alguén ten concluído, non sei se en base a estes síntomas ou simplemente en atención á correlación de forzas no plano electoral, que Galiza non ten capacidade para facer unha política propia, para pretender enunciar reclamacións como pobo diferente e con problemas específicos, para colocarse nunha dinámica similar á doutras nacións do Estado aspirando a lograr capacidade de decisión, soberanía, como única posibilidade de saírmos do calvario destrutivo en que nos ten sumidos a dependencia e a subordinación a España", escribe Rodríguez en Terra e Tempo, voceiro dixital da UPG.

A pasada semana Beiras dixo que e "a nación galega non ten a potencia suficiente para pola súa propia conta, coas súas propias forzas, romper co Estado español, nin co rexime estabelecido". O voceiro de Anova argumentaba así a prol dunha coalición de forzas galegas pero que tamén puidera formar parte dunha coalición de ámbeto estatal, que podería incluír a Esquerda Unida, socio de Anova no Parlamento de Galicia.

"Con este tipo de discursos, e coa conseguinte alternativa práctica, non se fai máis que afondar na subordinación de Galiza a deseños e estratexias que nin pensamos nin decidimos nin controlamos aquí", respóndelle Rodríguez.

O BNG enviou a Anova unha misiva para manter unha reunión formal de cara a formar unha coalición. Con todo, as bases negociadoras do Bloque vetan calquera pacto con forzas de ámbeto estatal, polo que semella difícil que poida haber un acordo. O Bloque mantén este mércores a súa primeira xuntanza para formar unha coalición. Será cos galeguistas de Compromiso por Galicia. Polo de agora descoñécese se haberá negociación formal con Anova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 60 comentarios

6 curuxa

Aburren até as ovellas, co seu discursiño de miña soias!

5 Black Crow

Pacuchi locuta causa finita. Alégrome, se a UPG vai con AGE eu antes voto ó partido do cannabis que darlle o meu voto ós que traizoaron ó seu electorado cando o bipartituto. A min engánanme so unha vez.

4 undevijo

Jajajajaja!!

3 Proprio

Coido que Beiras afonda no espello máis que na subordinación de Galiza: Espelliño, espelliño, quen é o bello máis bonitiño? De pagar o espello e, se racha, os sete anos de mala sorte, encárgase IU Federal. Que chóio!

1 eusi

Que filosofia tan profunda... así vos vai

2 non disparen ó pianista...

Rodriguez segue cavando no foxo onde está o BNG que parece non ter fondo. A culpa é de Beiras ou de Quintana. Nunca de Rodriguez ou de Jorquera, home que é coma a auga, incoloro, inodoro e insípido que lle otorgou 7 deputados ó BNG e que non parece responsable de nada e segue de deputado...con estes vimbios...ata NOS-UP superará ó BNG...