Rodríguez culpa a Beiras de "afondar na subordinación de Galiza"

As negociacións entre Anova e Bloque cara unha coalición para as eleccións europeas non avanzan.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/09/2013 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Francisco Rodríguez rebate no seu último artigo a aposta de ANOVA por unha fronte ampla do nacionalismo e das esquerdas que se poida integrar nunha coalición con forzas estatais nas eleccións europeas. O principal referente ideolóxico da UPG -o partido máis numeroso no Bloque- acusa a formación do seu ex-compañeiro Xosé Manuel Beiras de afondar na subordinación de Galicia.  

Quintana, Beiras e Paco Rodríguez nunha asemblea do Bloque
Quintana, Beiras e Paco Rodríguez nunha asemblea do Bloque

"Alguén ten concluído, non sei se en base a estes síntomas ou simplemente en atención á correlación de forzas no plano electoral, que Galiza non ten capacidade para facer unha política propia, para pretender enunciar reclamacións como pobo diferente e con problemas específicos, para colocarse nunha dinámica similar á doutras nacións do Estado aspirando a lograr capacidade de decisión, soberanía, como única posibilidade de saírmos do calvario destrutivo en que nos ten sumidos a dependencia e a subordinación a España", escribe Rodríguez en Terra e Tempo, voceiro dixital da UPG.

A pasada semana Beiras dixo que e "a nación galega non ten a potencia suficiente para pola súa propia conta, coas súas propias forzas, romper co Estado español, nin co rexime estabelecido". O voceiro de Anova argumentaba así a prol dunha coalición de forzas galegas pero que tamén puidera formar parte dunha coalición de ámbeto estatal, que podería incluír a Esquerda Unida, socio de Anova no Parlamento de Galicia.

"Con este tipo de discursos, e coa conseguinte alternativa práctica, non se fai máis que afondar na subordinación de Galiza a deseños e estratexias que nin pensamos nin decidimos nin controlamos aquí", respóndelle Rodríguez.

O BNG enviou a Anova unha misiva para manter unha reunión formal de cara a formar unha coalición. Con todo, as bases negociadoras do Bloque vetan calquera pacto con forzas de ámbeto estatal, polo que semella difícil que poida haber un acordo. O Bloque mantén este mércores a súa primeira xuntanza para formar unha coalición. Será cos galeguistas de Compromiso por Galicia. Polo de agora descoñécese se haberá negociación formal con Anova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 60 comentarios

16 Xurxo Martínez

Rodríguez leva 40 anos facéndolle mal ao nacionalismo galego.

1 reginodelapena

tes toda a razon.o grande problema do nacionalismo galego xurdiu cando rodriguez recolleu a beiras dos refugallos que o psoe deixara en galiza.beiras e un papaventos egolatra e sobor de tudo un bonvivant preguiceiro.

2 undevijo

Beiras levou o bloque a ser a segunda forza do país, e a gañar alcaldías de grandes cidades coma Vigo...lava a boca para falar de Beiras......

15 e así sucesivamente

Eu lanzo a teoría de que o sr. rodríguez, o sr beiras ,quin,... e os do psdg son en realidade do pp, pero andan a despistar. E a cuestión é que o fan caralludamente porque como sigades coa teima, nas próximas eleccións arrasan con 48 ou 50 deputados, mentres seguides coa mesma, e viran máis lumes, menos galego, menos cultura, e todos a rúa a protestar, e logo vos poñeredes outra vez a parir, e volverán gañar, e así sucesivamente¡¡¡¡ lambóns

1 pois iso

pois iso.

14 ixtlan

O que é para esmendrellarse de risa é que Paco Rodríguez e a UPG, que sempre afirmaron ser mellores e tela máis grande que o resto do galeguismo e nacionalismo galego, agora, por estaren en horas baixas, queiran se-los salvadores da patria galega, ninguneando e ditando as consignas de como se debe pactar en Galicia. Para liderar hai que ter a autoridade moral que a UPG perdeu hai moito tempo e que ninguén, nin sequera no nacionalismo, lle recoñecemos xa. Dixit!

1 Red Shaws

Lembra isto, cando o Beiras non estexa. Mais agora pregúntate porque o Beiras non pensaba isto hai 2 anos ou 10 anos, ou 20? Porque Beiras neses anos estaba encontra de pactar coa esquerda xacobina española (estaría seica abduccido pola autoridade moral da UPG?)

2 Soeu

Red shaws, non lle fagas pensar demasiado que se lle foden os fusibles.

13 Manoel

Paco R. argumenta en favor do aillacionismo que Galiza ten forza suficiente para "... pretender enunciar reclamacións como pobo diferente e con problemas específicos,... como única posibilidade de saírmos do calvario destrutivo en que nos ten sumidos a dependencia e a subordinación a España". e é certo. Mais do que se trata no é de "enunciar". Trátase de derubar a II Restauración Borbónica e "abrir o camiño ao proceso constituínte Galego, Vasco, Catalán e Español en senso estricto. Non haberá subordinación de Beiras - Anova porque o queira Cayo Lara nin porque o tema Paco Rodríguez.

12 ...haverá que lha dar

Pois quando leva razão...