Rodríguez culpa a Beiras de "afondar na subordinación de Galiza"

As negociacións entre Anova e Bloque cara unha coalición para as eleccións europeas non avanzan.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/09/2013 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Francisco Rodríguez rebate no seu último artigo a aposta de ANOVA por unha fronte ampla do nacionalismo e das esquerdas que se poida integrar nunha coalición con forzas estatais nas eleccións europeas. O principal referente ideolóxico da UPG -o partido máis numeroso no Bloque- acusa a formación do seu ex-compañeiro Xosé Manuel Beiras de afondar na subordinación de Galicia.  

Quintana, Beiras e Paco Rodríguez nunha asemblea do Bloque
Quintana, Beiras e Paco Rodríguez nunha asemblea do Bloque

"Alguén ten concluído, non sei se en base a estes síntomas ou simplemente en atención á correlación de forzas no plano electoral, que Galiza non ten capacidade para facer unha política propia, para pretender enunciar reclamacións como pobo diferente e con problemas específicos, para colocarse nunha dinámica similar á doutras nacións do Estado aspirando a lograr capacidade de decisión, soberanía, como única posibilidade de saírmos do calvario destrutivo en que nos ten sumidos a dependencia e a subordinación a España", escribe Rodríguez en Terra e Tempo, voceiro dixital da UPG.

A pasada semana Beiras dixo que e "a nación galega non ten a potencia suficiente para pola súa propia conta, coas súas propias forzas, romper co Estado español, nin co rexime estabelecido". O voceiro de Anova argumentaba así a prol dunha coalición de forzas galegas pero que tamén puidera formar parte dunha coalición de ámbeto estatal, que podería incluír a Esquerda Unida, socio de Anova no Parlamento de Galicia.

"Con este tipo de discursos, e coa conseguinte alternativa práctica, non se fai máis que afondar na subordinación de Galiza a deseños e estratexias que nin pensamos nin decidimos nin controlamos aquí", respóndelle Rodríguez.

O BNG enviou a Anova unha misiva para manter unha reunión formal de cara a formar unha coalición. Con todo, as bases negociadoras do Bloque vetan calquera pacto con forzas de ámbeto estatal, polo que semella difícil que poida haber un acordo. O Bloque mantén este mércores a súa primeira xuntanza para formar unha coalición. Será cos galeguistas de Compromiso por Galicia. Polo de agora descoñécese se haberá negociación formal con Anova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 60 comentarios

26 SantiBurrínguez

Vos vo a decir unha cousa, chavales: Beiras ten a culpa de todo. Paco Rodríguez ten toda a razón. Beiras é un vello que non sirve para facer política en estos tempos modelnos, y ten a culpa da subordinación de Galiza a Izquierda Unida, que son comunistas españois y medio terroristas. Bueno, vos deixo, que vou a ver si todavía está aberta a Casa de Andalucía de Vigo.

25 DigoEu

É Rodríguez quen subordinou Galiza ata que a aparición da AGE fixo espabilar UPG-BNG. E non espabilou de todo, e iso supondo que fose cuestión de espabilar e non de ser un submariño do poder no nacionalismo galego e a esquerda.

1 DigoEu

"Espabilar", non. ACORDAR, ESPERTAR...

24 Bautista do Unto

Pero aínda vive Paco Rodriguez?

1 reginodelapena

hai que ser bastardo.paco rodriguez sesenta e sete anos.o traidor beiras case que ochenta.ainda que e moi posible que traballar e padecer polo seu pais pasenlle factura.o beiras,sempre na molice e na preguiza non se librara de elo, por que ten ou seu corazon EMPONZOÑADO.

23 paco

que mande só a UPG. Agochada entre siglas mortas como ela. jajajaja. Paco y cierra España.

22 trasnodagaliza

Para min Beiras quedou deslexitimado no intre en que ao perder na asemblea de Amio abandonou ao BNG, e se tivera bañado seguiría? Pensó que tería sido máis coherente abandonar xa antes o Bloque. Ainda así dan ganas de mandamos a todos ao carallo e marchar para casa... Iso sí, nunca pactar con forzas españolistas, que moito "dereito a decidir" mais IU/EU votou en contra do plan Ibarretxe e o Cayo Lara ven de dicir que apoia o referéndum en Cataluña pero eles votarán en contra da independencia.

1 DigoEu

Que ben razoas, trasniño! O BNG si que vale. Caída en picado desde que o matado do "Quin" sustituíu a Beiras. IU/EU está e estivo sempre a favor da autodeterminación. Sempre, e dicir o contrario é mentir. Claro que defender que os pobos se autodeterminen non implica defender a independencia porque cada cal ten dereito a defender, dentro desa autodeterminación, a alternativa que mellor lle pareza. O BNG nin pronunciaba a palabra "autodeterminación" ata que a AGE lle deu unha lección superándoo nas urnas nas últimas eleccións.

2 Bcngz

Aquí tes ao señor Cayo Lara "a favor" da autodeterminación: "Cayo Lara insiste en que, si Cataluña consigue celebrar una consulta, IU votará en contra de la independencia Leer más: Cayo Lara insiste en que, si Cataluña consigue celebrar una consulta, IU votará en contra de la independencia" http://www.europapress.es/nacional/...

3 Ameneiro

E o Cayo Lara está empadronado en Catalunya?

4 DigoEu

Bcngz: Invítoche a que leas a mensaxe miña anterior á túa. A ver se es capaz, fai un esforzo.

5 DigoEu

"InvítoTE" sería o correcto

6 Breixo

Bueno bueno, en primeiro lugar en Catalunya non se debate sobre a independencia senón sobre o dereito a decidir ou ¿vai ser que o dereito a decidir somentes é o dereito a decidir que sí a independecia e non que non? Por outra banda, a nova non é que IU non sexa independentista senón que admita que sexan os cataláns e somentes os cataláns os que decidan ¿paréceche pouco soberanista? Para rematar, Iniciativa non comparte esa postura de Cayo Lara, na súa última Asamblea Nacional votou a favor de Catalunya como"Estado propio", independente ou federado co resto de España pero soberano. Gostaríame ver a mesma flexibilidade por parte dalgúns nacionlaistas galegos, que lles o importa o país na miedida da súa propia organización, exclusivamente.