Rodríguez culpa a Beiras de "afondar na subordinación de Galiza"

As negociacións entre Anova e Bloque cara unha coalición para as eleccións europeas non avanzan.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/09/2013 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Francisco Rodríguez rebate no seu último artigo a aposta de ANOVA por unha fronte ampla do nacionalismo e das esquerdas que se poida integrar nunha coalición con forzas estatais nas eleccións europeas. O principal referente ideolóxico da UPG -o partido máis numeroso no Bloque- acusa a formación do seu ex-compañeiro Xosé Manuel Beiras de afondar na subordinación de Galicia.  

Quintana, Beiras e Paco Rodríguez nunha asemblea do Bloque
Quintana, Beiras e Paco Rodríguez nunha asemblea do Bloque

"Alguén ten concluído, non sei se en base a estes síntomas ou simplemente en atención á correlación de forzas no plano electoral, que Galiza non ten capacidade para facer unha política propia, para pretender enunciar reclamacións como pobo diferente e con problemas específicos, para colocarse nunha dinámica similar á doutras nacións do Estado aspirando a lograr capacidade de decisión, soberanía, como única posibilidade de saírmos do calvario destrutivo en que nos ten sumidos a dependencia e a subordinación a España", escribe Rodríguez en Terra e Tempo, voceiro dixital da UPG.

A pasada semana Beiras dixo que e "a nación galega non ten a potencia suficiente para pola súa propia conta, coas súas propias forzas, romper co Estado español, nin co rexime estabelecido". O voceiro de Anova argumentaba así a prol dunha coalición de forzas galegas pero que tamén puidera formar parte dunha coalición de ámbeto estatal, que podería incluír a Esquerda Unida, socio de Anova no Parlamento de Galicia.

"Con este tipo de discursos, e coa conseguinte alternativa práctica, non se fai máis que afondar na subordinación de Galiza a deseños e estratexias que nin pensamos nin decidimos nin controlamos aquí", respóndelle Rodríguez.

O BNG enviou a Anova unha misiva para manter unha reunión formal de cara a formar unha coalición. Con todo, as bases negociadoras do Bloque vetan calquera pacto con forzas de ámbeto estatal, polo que semella difícil que poida haber un acordo. O Bloque mantén este mércores a súa primeira xuntanza para formar unha coalición. Será cos galeguistas de Compromiso por Galicia. Polo de agora descoñécese se haberá negociación formal con Anova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 60 comentarios

11 París de Noia

E por que demo non se retira dunha vez e se pon a escoitar ao seu querido Luis Mariano? Gosta de dar ordes e non vai deixalo. De feito hai moitos que as cumpren cadrados e en posición militar. Como os do BNG-UPG de Pontevedra que non paran de soltar, en todos os ámbitos, contra o Beiras. Nos de dereitas e patronais, que tanto miman, e nos dos liberados, que tanto coidan. O caso en manterse no poder a calquera prezo.

1 reginodelapena

foi perseguido toda asua vida pola policia franquista e a españolista.foi desterrado da sua terra.foi endadeado polos franquistas e polos democratas.e foi i e perseguido acosado e vilipendiado polos medios que agora vos ensalzan a vos.sodes os irmandiños do seculo vintaun vendendo a galiza outravez.?cales son os meritos do beiras¿.?ir axantar coo un asasino franquista¿

2 Paris de Noia

Pois creo que do teu amigo Fernández Lores con Fraga, tamén hai fotos. E moitas.

3 Soeu

Cando Lores dixo que Fraga era un gran DEMÓCRATA? Cando Lores foi á presentación dun libro doutro gran DEMÓCRATA? Cando Lores se uníu a EU? Que pasa, que xa non temos memoria para os discursos do Beiras sobre o de aliarse con España? Por certo, fotos de Lores e Fraga? Claro que as hai. E logo, Lores non está en Pontevedra e Fraga non estaba na Xunta? En fin...

4 Upeghallo arrepentido

Lores de ganchete cos revolucionarios do PSOE!!!iso si que é esquerdismo!

5 undevijo

E defendendo a Brillat a morte...

10 dariveira

dade-lhe canha ao mono todo o que queirades....mas o lema de beiras de que galiza nom tem capacidades para se defender da crise por si mesma é o que é, falta de confiança no pais, e andar 50 anos para atrás na vissom nacional da galiza....terá bons resultados essa possiçom mas caminha-se cara a desapariçom do "sujeito nacional galego" ....se sodes felices assim....eu esmorecerei coa "esquerda iluminada galega" pero coa tranqüilidade de ter crido neste pais, outros prefirem centrar-se em destruir ao de mais perto deixando ceivo para fazer politicas de terra queimada ao inimigo comum....estou canso dos trolleros dun lado e de outro.....a realidade e que nos mostramos todos vencidos ao trucar entre nos, e o espanholismo afrega as maos....gz rip

9 Eue

O BNG non pode pactar con ANOVA de ningunha maneira, Paco iluminou o camiño

1 Comunista

O Paco Zarzuelas leva 40 anos iluminando. Así sodes unha panda de iluminados...

2 FUN_EU

Bueno bueno! Paco Zarzuelas era o alcalde de Coruña, e os que o siguen ben que che iluminaron o paseo marítimo, con farolas modelo Coruña, mire usté!

4 FUN_EU

Vale, entón lle gustan as zarzuelas, tés razón. Pero semella que nunca viches como se fabrican zarzuelas de marisco con muiños de vento, namentras o teu partido pacta con IU. Se o vises, cambiabas a Iolanda por Cristina

8 lois

Portugal ten voz propia, capacidad de decisión, soberanía, i está coma está. O discurso da UPG é falso, e alleo a realidade. O problema non é "ter" unha teórica soberanía, senón medios para pagar, por exemplo aos 700.000 pensionistas que hai en Galicia, sobre unha poboación de 2.700.000 persoas. Eso non o arranxa nengunha "soberanía": Moldavia, Ucrania, Macedonia ou Armenia teñen toda a soberanía do universo, non están "subordinadas" a ninguén, e non por eso deixan de ser moito mais probes que Galicia. Se queren outros exemplo, en Arxentina, Gambia, Indonesia ou Filipinas hai toda a xente que se queira vivindo en chabolas, e tamén teñen soberanía á esgalla, e toda a voz propia que sexa.

1 FUN_EU

Con Arxentina refíreste a ese país que hai 50 anos recibíu a MILLÓNS de galegos, cataláns, vascos, andaluces, asturianos,etc.que querían vivir mellor? Era ou non era entón soberana Arxentina? "Eso non o arranxa nengunha soberanía" Non, o simple feito de ser soberano non arranxa nada, e só o principio; pero non se pode arranxar sen ser primeiro soberanos. Italia, USA, Irlanda sóanche? Pois antes de seren o que son hoxe, foron tan colonizados como Galicia, e non compares a ningún deles con España.

2 Akribéstaton

Esses pensionistas pagaram ao Estado espanhol, portanto é o Estado espanhol que tem que pagar. Por outro lado, se tão é assim (que não é: Galiza tem recursos), por que Espanha não se desprende dessa sangria de recursos que é a Galiza? Não será que a situação é bem rendível e que por isso favorece a dependência? Porque segundo tu objetivamente os independentistas querem perder e os dominadores não querem ganhar.

3 Galicia independente

Niso estou dacordo. Como ben dicía Padín, a soberanía de por si non garante nada, salvo o exotismo dun territorio máis pequeno e coñecido no mapa (atracción turística). Por exemplo, Andorra é coñecida no mundo, pero Asturias moi pouco, fóra das nosas fronteiras.

4 Galicia independente

O que importa son as política de verdade: baixos impostos (IVA ó 1%), reducción do gasto público, apoio a sectores estratéxicos (Naval, I máis D e Agricultura), exército mínimo ou inexistente, combate serio e eficaz do fraude fiscal, Estado semilaico legalización de drogas e prostitución, privatización de empresas públicas, racionalidade administrativa, é dicir, un Estado mínimo, en definitiva que garanta o esencial. O problema de Beiras, o PCE e da UPG é que, se gobernasen xuntos unha Galicia independente, o Estado quebraría.

5 lois

Faime gracia o dun Estado mínimo. Eiquí vive do Estado bastante mais da mitade dos galegos: pensionistas, os que cobran o paro ou pensións non contributivas, os que viven dos que cobran esas pensións , funcionarios, empregados de empresas que viven exclusivamente do aparello estatal: ese é o problema, é imposible reducir o gasto público ( e tampouco conveniente claro)porque case todo vaise en educación, sanidade e pensións. A xente non se decata diso. E os dichosos independentistas tampouco se decatan de que unha Galicia independente non tería medios para exixir que o estado español pagase as pensión que foran. Vivides na lua.Galicia ten recursos, desde logo, pero tamén ten 700.000 pensionistas que manter. Decatádevos dunha maldita vez.

6 Galicia independente

Lois, en primeiro lugar, respeto totalmente a túa opinión, anque non a comparta. Eu defínome coma libertario de esquerdas (máis ou menos) e independentista. Eu falo dunha Galiza na UE e plenamente independente do Reino de España, por suposto. Temos unha débeda de máis de 7 mil millóns, unidos ós 8 mil millóns que recibimos do FCI estatal. É dicir, que de alcanzar a independencia, teriamos un burato de 15 mil millóns, é certo.

7 Galicia independente

Agora ben, entre a legalización das drogas e prostitución teriamos ó redor de 2 mil millóns (somos o 5-6% do PIB español) (30 mil millóns recaudaría España, segundo o subdirector de El Plural), hai un fraude de máis de 70 mil millóns de euros (suma 3-4 mil millóns do endurecemento penal, impoñer tarxeta a partir de pagamentos en 20-50 euros e de crear máis inspectores), a ilo súmalle a eliminación do Exército (aforrariamos 2 mil millóns), unido a unha drástica reducción das infraestructuras (incluindo a paralización do AVE), a eliminación dun hipotético Ministerio de Traballo Galego, a privatización dos aeroportos, a privatización de todas as empresas públicas deficitarias, a eliminación das deputacións e, lóxicamente da aDMON. española, e a privatización da sanidade e educación, reducción drástica de políticos, funcionarios e chiringuitos (Valedor do Pobo, por exemplo) (cheque sanitario e educativo que cubra o 100% deses gastos)...

8 Galicia independente

...Eliminar todas as subvencións e no referente ás pensións, habería que establecer o traballo voluntario a partir dos 70, pensións públicas máximas de 1500 euros máis ir avanzando a fondos privados de pensións. Penso, en definitiva, que o importante son as políticas e pensar nun mesmo. Un dos graves problemas da sociedade galega é que non confía en si mesma, incluindo a moitos nacionalistas. Miramos demasiado a Madrid (PPdeG e parte do PSdeG) ou a Cataluña (BNG, Anova e parte da esquerda estatal), xa sexa por admiración ou por dependencia económica, menosprezando as nosas potencialidades. Mirade a Irlanda ata antes de crise.

7 O electricista

Está ben Paco, pero en política acontece que se tras 30 anos de idéntica mensaxe as urnas sitúanche ao bordo da exclusión institucional, é evidente que entón, todo apunta a pensar que es un iluminado que pensa que aos electores saltaronlle os fusibles e intentas restituír o servizo acendendo a luz dun candil. Acabouse, estamos no tempo do quilowatio